Por Galicia Confidencial | Galicia | 29/07/2009
Este enfoque foi o que aplicou López Ferreiro como responsable da Sección Arqueológica da Exposición regional de Santiago de Compostela, da que se celebran agora 100 anos. Grazas á colaboración con outros tradicionalistas católicos como Blanco Cicerón, quen contaba coa meirande colección privada existente no país, os composteláns e as compostelás da época puideron ver pezas arqueolóxicas entre as que destacaban medallas de tódalas épocas así como ornamentais manifestacións clásicas da Glíptica.
Cen anos despois as medallas seguen causando fascinación. Velaí temos as medallas de ouro de Galicia, concedidas aos catros presidentes precedentes do país, auténticos convidados de pedra nun intelixente acto de autoafirmación do actual mandatario con apelido de gasosa. Vinteoito anos de autonomía sobre catro cadeiras, vinteoito anos que serviron para que sigamos sendo un dos países máis atrasados de Europa, un curruncho avellentado, subvencionado e en sempiterna crise, no que os avances deveñen retrocesos, un país con non sei cantas institucións oficiais e académicas que non evitan a desaparición da lingua e a fosilización da cultura. Un país que non deixa de ser unha leira de corredoiras de brea. E como somos galegos, aplaudimos e premiamos aos máximos responsables dun xa longo fracaso colectivo. Como diría un castizo madrileño: una medallita pal pecho por lo bien que lo hemos hecho.
Xurxo Ayán é arqueólogo e investigador do Laboratorio de Arqueoloxía da Paisaxe do Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento (CSIC).http://neixon.blogspot.com/