Basearse en mapas ou documentos históricos exclusivamente escritos en castelán non é moi acaído para ver a realidade dun topónimo. A castelanización dos topónimos galegos fíxose precisamente en notarías, arquivos eclesiásticos ou civís e remexer neles é atopar moitas formas para cada topónimo, en realidade como lle petaba escribilo ó escribinte de turno, e ver os nomes do Catastro de La Ensenada ou no Madoz produce hilaridade.
Hilaridade tamén produce quen se basa nesa escritura para sentenciar calquera idea.
Vaiamos por puntos:
- 1. As formas toponímicas de Galicia son as formas galegas, calquera que estas sexan (pois ás veces as variedades dialectais, vulgarismos, dentro do subxectivo que é crear unha norma linguística obviamente) poden dar lugar a varias acepcións dentro do mesmo galego. Máxime tendo en conta que o galego é unha língua sen cultivo, sen academia ata as últimas décadas o que fai que o rexistro culto en realidade é ben recente. Sí ou non?, os topónimos orixinais galegos son os topónimos en galego. Dígoo porque se alguén di que El Seijal fue así todalavida porque aparece nun rexistro nunha notaría do S. XVII podemos discutilo e falar diso. E se non é así podemos pasar páxina.
-2. O artigo dos topónimos. Pois ben, no latín occidental é frecuentísimo e soe incluirse no nome propio, non coma no Francés onde se cita e non se inclúe na maioría dos casos. Tal acontece co galego e co portugués. Porto é Porto efectivamente,sempre lle chamei así, mais a traducción á língua castelá, arbitraria e fonética coma todas foi Oporto, vaia por Deus, as razóns das traduccions a outras línguas da macrotoponímia son tan subxectivas que persoalmente danme igual, moitas veces dinse as cousas talmente coma lle pareceron a alguén que soaban.
En castelán hai artigos nos nomes propios. Por exemplo Los Angeles, cidade de California onde son oficiais os topónimos orixinais e non os traducen malia que a língua exclusiva oficial é outra.MMM, que curioso...
-3. As línguas son sonidos, o fío das línguas é o son e non a escrita. Busca o ovillo da orixe no son, a ortografía pode confundirte. Escribir Coruña pode escribirse históricamente Corunna ou Corunha (copiando a grafía provenzal do fonema /ñ/ nh do provenzal tan en boga no medievo) mais o son é coruña, non coruna. A discusión vai sobre sons e non sobre ortografía, pois logo Corunna e Corunha medieval é tan só Coruña con dúas maneiras de escribila. A maneira Corunha con este nh pasaría logo ó portugués da man do galego como atestiguan documentos e epigrafías na propia cidade da Corunha. Mais non vaiamos polas polas,a discusión é sobre sons, e pois logo o son coruña é ven antigo. O ñ viría ó galego no XIX da man da ortografía actual inda hoxe en proceso de fixación.
- 4. Cruña tivo uso culto. Verdade, no rexurdimento. Mais cantas palabras do galego do rexurdimento agora son vulgarismos?, respeto ós creadores galegos do rexurdimento, mais o traballo deles foi tremendo, depurar unha língua, fixala, limpala e darlle esplendor tras séculos escuros de uso non culto. Cruña quedou atrás, tamén os gallegos cantares de Rosalía que agora serían Cantares Galegos. Son os problemas de fixar unha língua. É arbitrario?, sen dúbida, a norma sempre é arbitraria, no inglés, no latín,no castelán e no galego tamén. Se o ceceo fose parte da norma culta do castelán Sevilla sería Cevilla e non pasaría nada. Cruña/Coruña. Quen o dixo?, pois non fun eu estimado clariño, foi a Academia Galega sita na Coruña. Se a academia estimase A Cruña coma o máis propio topónimo galego non tería problema en admitilo.
-5. A coruña é o topónimo oficial, único, así o di o tribunal constitucional, isto non o dí o BNG, nen o concello nen a Xunta. La Coruña é unha traducción do topónimo galego. Por chamar pódeslle chamar Kaliningrado se queres, Ou Pacovazcopol, ou Pacogrado , Pacopolis, La Coruña del Caudillo, como che pete.
- 6. La Coruña é unha traducción acertada do topónimo galego, menos sorte tiveron outros coma El Seijal por exemplo, ou Haciadama que por incrible que pareza e cunha acea da mare ou muiño de marea no medio da localidade, inda hai quen discute que haciadama "sedijotodalavidayasisaleenlosmapas".
Un agarimoso saúdo.