Losada mete ao PSOE nun berenxenal

O alcalde da Coruña, Javier Losada, acaba de meter ao seu partido nun berenxenal e, segundo algúns dirixentes socialistas, "entrou de cheo na trampa que lle tendeu Carlos Negreira"...

Por Galicia Confidencial | Galicia | 29/09/2009 | Actualizada ás 01:38

Comparte esta noticia

"E se é normal,  porque carallo levamos días defendendo o contrario e poñendo a parir a Negreira por resucitar un debate morto?", apunta un deputado socialista. "Resulta que agora somos nós os que metemos ese debate na axenda política para desgracia nosa", engade. E é que moitos dirixentes desaproban as declaracións de Losada e tampouco aproban a defensa que fai o propio Pachi Vázquez. "Tivo que saír na súa axuda para non desautorizalo pero a verdade é que nos metemos nunha boa".

Agora, no PSdeG, temen que o PPdeG utilice as declaracións de Losada, e as do propio Pachi Vázquez, para utilizalas como arma política e desviar a atención sobre outros temas de máis calado político. Tamén se albiscan reaccións por parte do Bloque quen xa amosou en público a súa disconformidade coas declaracións de ambos os dous políticos socialistas.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 33 comentarios

13 Clariño

Pois desculpa, pero o teu comentario estaba baixo o meu, e como ao principio non te dirixías a ninguén, pareceume que te referías a min. Acabo de ver que hai un nick dun que se di "Coruñés". Desculpa o erro e o calentón.

12 miguel

Clariño, el que tiene que leer bien eres tú. Esto no va contigo, por muchas ganas que tengas. Ah! y, por lo que veo, no pierdes ocasión para columpiarte porque que sabes tú si entiendo el castellano mejor que el gallego.

11 Clariño

miguel, no has entendido nada, pero nada de lo que escribí, te lo escribo en español por si así me entiendes mejor. Vuelve a leerme si eres tan amable, y comprobarás que de lo que me quejo es del pensamiento único; que en lugar de aportar razones se acuda a eso del insulto, de tachar de feixistas e españoleiros a todos aqueles que pensan de xeito distinto e consideran que non é un disparate o que sostivo hai xa tempo Méndez Romeu no senso de que tería que eliminarse do topónimo o artigo. Tamén me queixo de que haxa xente que tente demonizar aos que non pensan igual chamándolles feixistas e españoleiros, porque na rúa eso non ocorre, porque na rúa a xente lévase ben, e non ve un enemigo nun veciño que é do PP, ou do PSOE, ou do BNG. Como boa xente haina en todas partes, a xente ve un veciño co que pode discrepar, pero na maior parte dos casos convive estupendísimamente, que todo o mundo ten valores que están por encima da merda das diferenzas políticas.

Polo demais, por se alguén pensa (de boa fe) que a forma A Coruña non é un castrapo, mistura de A Coruña e A Cruña, ou que Cruña é un vulgarismo, deixo unha ligazón a un artigo que -cousa rara...- non se pode recuperar da hemeroteca de La Opinión de A Coruña, pero rula por outros sitios da rede. Escribiuno o notario xubilado deste Colexio, Federico Maciñeira Teijeiro. De casta venlle ao galego, que é neto de Federico Maciñeira Pardo de Lama.

El titulouno "La Coruña en gallego es A Cruña". Eu diría que "Coruña en galego é Cruña":

http://www.estudioshistoricos.com/a...

10 anonimus

Non tiñan bastante no psdg coma pra que agora se metan nestes berenxenais,que mal fede o pacto de goberno na Coruña,parece que chega o fin dos sociolistos na Coruña... haberá que levantar alfombras

9 miguel

Así que son fascistas y españoleiros. Tan solo por creer que deberían ser oficiales A Coruña/La Coruña. Y, según tú, son los mismos que se oponen a la aplicación de la Ley de la Memoria Histórica............"coruñés" eres un hacha. No tienes precio como analista sociológico. Un auténtico hacha. Lomás grave es que te crees lo que escribes, eso si que es grave.