Dous feridos nunha colisión entre dous vehículos á altura de Meaño (Pontevedra)

Dúas persoas resultaron feridas a última hora deste martes tras colisionar dous vehículos na localidade pontevedresa de Meaño.

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 12/10/2016 | Actualizada ás 14:08 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

Dúas persoas resultaron feridas a última hora deste martes tras colisionar dous vehículos na localidade pontevedresa de Meaño.

O 112 Galicia recibiu o aviso do sinistros obre as 23.15 horas. En concreto, un particular alertou de que o accidente se produciu na estrada que une Barrantes e Dena, na parroquia de Padrenda.

Un dos coches accidentados impactou contra un poste da luz. Ata o lugar desprazáronse efectivos de Urxencias Médicas e Bombeiros do Salnés, ademais de GES de Sanxenxo.

Dúas persoas resultaron feridas no accidente e unha delas, unha muller, tivo que ser liberada do vehículo e trasladada a un centro hospitalario.

Por outro lado, outra muller quedou atrapada no seu turismo tras sairse da estrada e caer a un terreo na vía que une Caldas de Reis e Vilagarcía, na parroquia de Saiar.

O accidente rexistrouse ás 19.00 horas do mesmo martes, e ata o lugar desprazáronse Urxencias Médicas e un equipo de Bombeiros do Salnés, que se encargaron de liberar á ferida.

A condutora foi atendida por un equipo sanitario desprazado, aínda que o seu estado non revestía gravidade.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta