Por Galicia Confidencial | Galicia | 21/10/2009 | Actualizada ás 08:31
Zapatero estaba entusiasmado, coas cellas máis en punta que nunca, ante as portas da Casa Blanca, sobre todo cando Barack lle pousou a man sobre o seu antebrazo, e todo isto pese a súa coñecida animadversión cara os yanquis e a súa bandeira. Pero debeu decir o de Groucho Marx, "estes son os meus principios, se non lles gustan teño outros". Pero a foto co flamante Premio Nobel da Paz ("futura") xa non ten o valor mediático desexado nun momento no que a opinión pública española xa non está para que lle vendan fume.
Por iso a escena non lle saliu ben a ZP desta volta. O ostentoso marketing Ferraz quedou reducido á realidade de youtube que nos deixou saber que detrás da foto na que o Partido Socialista Obreiro Español pretendera que representara a complicidade entre os dous presidentes, é tan só á comprensión de Obama, moi educado el, porque o noso Presidente non se enteraba cando lle falaban en inglés: Obama agarrou a Zp polo brazo e dixo: "síntoo, falei demasiado rápido, e non me percatei de que aquí hai xente que non entende o noso idioma".
O único que tiñan os socialistas para amosar un pouco de liderazgo de José Luis Rodriguez Zapatero era unha foto de "amizade" con Barack Obama pero agora que a foto lles fallou, que queda desta reunión interplanetaria? O envío de máis gardas civís españois á guerra de Afganistán.
María Seoane é presidenta de NN.XX. de Galicia e deputada no Parlamento Galego.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.