OPINIÓN.- Ramón Verea, inventor da calculadora

 Por Xosé González Martínez. A profunda crise económica que padecía Galicia a fins do século XIX obrigou a moitos galegos a buscaren remedio aos seus problemas no continente americano. Alberto Vilanova, un escritor ourensán afincado en Buenos Aires, autor da biografía máis completa sobre Manuel Curros Enríquez, publicou a biografía de todos aqueles que salientaron polo seu labor profesional ou social. Na súa obra "Gallegos en la  Argentina" hai un estenso capítulo dedicado a un estradense nado na parroquia de Curantes, que foi xornalista e inventor: Ramón Silvestre Verea García...

Por Galicia Confidencial | Galicia | 23/10/2009 | Actualizada ás 13:36

Comparte esta noticia

None

Ramón Verea foi moito máis ca un  xornalista  combativo; foi un  "investigador artesán", en acaída calificación do profesor Ricardo Gurriarán.  A Verea débeselle a invención da calculadora. Uns artiluxio que resolvía operacións consistentes en sumas e restas, inventando por outros con anterioridade, engadíndolle as posibilidades de multiplar e dividir.A súa calculadora resolvía en dez segundos a difícil operación de multiplicar unha cantidade de dez díxitos por outra de seis. A multinacional IBM garda no seu museo en New York a máquina que revolucionou o seu tempo. Malia ter rexistrado este aparello, Ramón Verea morreu na máis absoluta pobreza en Buenos Aires, sendo levado o seu cadáver ao camposanto polos dirixentes do partido socialista arxentino.

O Foro E. Peinador, que vén traballando arreo desde hai anos pola incorporación da lingua galega nas actividades empresariais, aproveita o centodez cabodano do pasamento de Ramón Verea e convoca na Estrada unha xornada aberta de debate o día 23 do mes que andamos co rubro "Economía e Identidade", no que vai participar un numeroso grupo de empresas acreditadas en Galicia: "IBM", "R Telecomunicacións", "Xesgalicia", "Celtic Estores", "Factorias Vulcano", "Egatel", "Itelsis"..., na que os directivos respectivos exporán as bondades da estratexia consistente en  unir rendibilidade e identidade nos negocios a través da incorporación da lingua galega nas  actividades empresariais.

O Concello da Estrada, a través da Concellería de Industria, participa na programación coa descuberta dun monumento na parroquia de Curantes, onde se celebrará o homenaxe, incluída a presentación da biografía de Ramón Verea García. Unha oportunidade que será aproveitada para renderlle tributo de merecida admiración e recoñecemento polas súas virtudes éticas e inventivas. Ramón Verea é, por dereito propio, un representante cualificado no desenvolvemento das tecnoloxías ao servizo das empresas e da humanidade.

Xosé González Martínez é o presidente do Foro E. Peinador.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Santiago Martínez

Estou comprobando gratamente como cada día que pasa este confidencial trae moi boas e interesantes colaboracións. A de Pepe de Redondela é unha delas. Benvido a este portal libre