O Concello e a Deputación de Lugo entregan no IES Ánxel Fole 500 'Axendas pola igualdade'

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, e o vicepresidente e deputado de Igualdade, Álvaro Santos Ramos, entregaron este mércores 500 'Axendas pola igualdade' elaboradas e editadas polos estudantes do IES Ánxel Fole coa colaboración do Concello e Deputación de Lugo.

LUGO | 19/10/2016 | Actualizada ás 19:26 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, e o vicepresidente e deputado de Igualdade, Álvaro Santos Ramos, entregaron este mércores 500 'Axendas pola igualdade' elaboradas e editadas polos estudantes do IES Ánxel Fole coa colaboración do Concello e Deputación de Lugo.

Nela recóllese unha pequena biografía da vintena de mulleres que compoñen o guía da cidade da muralla para dar a coñecer estes perfís entre os máis novos.

No acto, no que estiveron acompañados por ducias de estudantes, tamén participaron a directora do IES, Beatriz Fernández; os coordinadores e editores da Axenda, Felisa Redondo Valín; así como a profesora da USC e escritora Carmen Blanco, que nesta edición é a protagonista da entrevista principal da publicación.

Lara Méndez destacou que tanto as administracións como a cidadanía teñen "a obriga de seguir loitando" para conseguir "o que tantas mulleres e homes ansían: unha igualdade de pleno dereito".

Pola súa banda, Álvaro Santos subliñou que, con esta iniciativa, "se fomenta e reivindica a igualdade de oportunidades" entre homes e mulleres, ao tempo que se dá "visibilidade" a este problema.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta