Teño a man o libriño de Xosé María Monterroso Devesa O cemiterio de Santo Amaro de A Coruña (1992) e recoñece que hai ben poucas inscripcións en galego.
-Do franquismo:
RICARDO BERMÚDEZ DE CASTRO Y OZORES
tenente d'aviazón
finou en accidente d'aviazón
o 15 de xaneiro de 1955
Deus o haxa acollido no seu santo seo.
-Outro epitafio tamén en galego de 1917:
Aqui jaz
o cantor da raza galega
EDUARDO PONDAL
Finou en VIII de marzo
ano MCMXVII
-Este non a data, pero tamén parece anterior á normalización lingüística:
¿Ay, quen fora com'o Fénix!
pr'a renascere n'as cinzas
e vivir eternamente
na miña terra querida.
Outra que tamén é do franquismo:
Xosé Pérez Rodríguez
foi chamado por Deus
o día oito de noviembre (sic)
do ano de mil novecentos
sesenta e nove na Cruña.
Nótese que di Cruña (jeje).