A Agai pide que a Cámara galega condene o Holocausto

Reclama que se aprobe unha declaración institucional conmemorando o Día Internacional de Recordo das Vítimas do Holocausto.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 08/11/2016 | Actualizada ás 10:35

Comparte esta noticia

O vindeiro 27 de xaneiro conmemórase o Día Internacional de Recordo das Vítimas do Holocausto. Unha data na que se tenta lembrar aos millóns de mortos que o réxime nazi causou entre o pobo hebreo durante a II Guerra Mundial.

Pedro Gómez-Valadés, presidente da Agai, presentando un escrito na Cámara galega
Pedro Gómez-Valadés, presidente da Agai, presentando un escrito na Cámara galega

Por iso, e un ano máis, a Asociación Galega de Amistade con Israel (Agai) reclámalle a todos os grupos parlamentarios que impulsen unha declaración conxunta na que se poña en valor esta conmemoración.

Este luns o presidente desta entidade, Pedro Gómes-Valadés,  fixo entrega no Rexistro do Parlamento de Galicia do escrito coa solicitude desta conmemoración dirixida ao Presidente da Cámara e aos voceiros dos Grupos Parlamentares do Partido Popular, PSdG-PSOE, En Marea e Bloque Nacionalista Galego.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta