Unha fuga de gas obriga a desaloxar varios establecementos do mercado municipal de Perillo, en Oleiros

Unha fuga de gas obrigou a desaloxar varios establecementos comerciais situados na planta baixa do marcado municipal de Perillo, en Oleiros.

A CORUÑA | 07/11/2016 | Actualizada ás 19:38 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

Unha fuga de gas obrigou a desaloxar varios establecementos comerciais situados na planta baixa do marcado municipal de Perillo, en Oleiros.

Segundo informou o CAE 112 Galicia, uns obreiros picaron un conduto e produciuse un escape que pouco despois controlaron os técnicos da empresa subministrado.

Aínda que ninguén resultou afectado pero, por precaución, foron evacuadas as persoas que nese momento ocupaban a planta baixa do mercado municipal da rúa Nelson Mandela.

Tras recibir a alerta, pasadas as doce do mediodía, o persoal do 112 Galicia avisou aos Bombeiros de Arteixo e aos efectivos do servizo local de Protección Civil. Tamén foron informados os axentes da Policía Local e os técnicos da compañía do gas.

ESCAPE EN GONDOMAR

Algo similar aconteceu no municipio pontevedrés de Gondomar onde uns operarios que facían unha obra na rúa Emigrante, en Gondomar, perforaron por descoido un tubo e produciuse unha fuga.

Os membros do GES de Val Miñor aseguraron a zona e controlaron con explosímetros os niveis de concentración de gas na zona. Con todo, ninguén resultou afectado.

Pouco despois, os Bombeiros do Baixo Miño confirmaron que o subministro estaba cortado e encargaríanse os técnicos da empresa subministradora de reparar os danos.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta