A IX edición de Funergal en Ourense aposta pola adaptación das redes sociais aos servizos funerarios

Unha rede social para compartir recordos e unha web para compartir necrolóxicas, entre as principais novidades

OURENSE | 08/11/2016 | Actualizada ás 18:34 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

Expositores e participantes de 14 países confirmaron a súa presenza na IX edición de Funergal, a Feira Internacional de Produtos e Servizos Funerarios, que se celebrará entre os días 11 e 12 de novembro nas instalacións do recinto feiral de Expourense e que este ano dedicará especial atención ás novidades do sector nas redes sociais.

Compartir recordos das persoas falecidas nas redes sociais ou publicar necrolóxicas e compartilas a través de Facebook son dous das principais novidades que se darán a coñecer esta fin de semana con motivo da novena edición de Funergal, unha feira que este ano contará coa presenza de 109 expositores.

O presidente do comité executivo de Expourense e da Cámara de Comercio de Ourense, Juan Carlos Parada; o presidente da Asociación de Empresarios Funerarios de Ourense (APEFO), Antonio García; e o vicepresidente da Asociación Galega de Servizos Funerarios (AGESEF) coincidiron en resaltar o importante aumento de participación.

109 PARTICIPANTES DE 14 PAÍSES

Así, a edición de 2016 supón un "20% máis de participantes" que na anterior cita (2014), mentres que a superficie expositiva se incrementará nun 40% ata ter ao total do pavillón ocupado coa presenza de 109 expositores.

Este ano tamén destaca a presenza de empresas, importadores e visitantes profesionais de 14 países: Alemaña, Arxentina, Chile, China, Colombia, España, Estados Unidos, Francia, Holanda, Italia, México, Perú, Polonia e Portugal.

Entre as novidades máis destacadas desta edición destacan un seminario de vendas e a aposta polo universo 3.0 no ámbito das funerarias.

Neste sentido presentarase 'Alfie', a primeira rede social para compartir recordos d elas persoas falecidas e fotoesquela.com, unha web que permite publicar necrolóxicas e compartilas en redes sociais como Facebook.

UNHA APP PARA SOLICITAR REUNIÓNS DE NEGOCIO

A aposta polas novas tecnoloxías chega tamén a unha nova app dispoñible para Android e IPhone, para seguir en directo as conferencias previstas no programa de actividades e para solicitar reunións de negocios coas empresas expositoras.

As empresas participantes darán a coñecer tamén iniciativas novidosas como o uso de novos materiais biodegradables como a cortiza, o cartón ou a ecopiel, para a realización de urnas funerarias.

Entre as actividades previstas para esta edición destaca unha nova entrega dos Premios Funergal Internacional nas categorías: mellor stand, mellor acción promocional: produto ou servizo máis innovador e o premio á internacionalización.

Ademais, Funergal acollerá a entrega dos Premios Nacionais da 'Guía Funeraria', que este ano inclúen a categoría de "mellor directivo funerario".

Funergal presentará ademais tres exposicións: a de "Mellores Cemiterios de España, 2014 ao 2016" realizada pola Revista Adeus; "O Grande Premio Funerario" con coches de Scalextric na que colabora La Guía Funeraria e a mostra "As Mil Caras do Loito" no stand do Grupo Albia.

O SECTOR EN CIFRAS

A Asociación Nacional de Servizos Funerarios publicou hai un par de semanas un informe sobre o sector funerario no ano 2015 que revela que o pasado ano faleceron en España 422.276 persoas, o que supón unha media de 1.156 falecementos diarios.

Segundo os datos achegados polas empresas funerarias, actualmente o sector ocupa 11.305 traballadores, 500 deles contratados durante o último ano.

En España existen 1.435 empresas funerarias. Máis do 80% da facturación do sector corresponde a empresas funerarias cunha cifra de negocio superior a 1 millón de euros.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta