Temas: IKEA

Por que IKEA exclúe o galego do seu sitio web, ao que si se pode acceder en catalán e éuscaro?

A empresa de mobles mantén o seu sitio web en castelán, catalán e éuscaro, pero non ten servizo en lingua galega. Por iso, Xosé Baamonde puxo en marcha unha campaña en Internet para pedir á compañía sueca que non exclúa o idioma de Galicia.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 09/11/2016 | Actualizada ás 11:09

Comparte esta noticia

Calquera usuario de Internet que visite o sitio web de Ikea dende España pode acceder en tres idiomas: castelán, catalán e eúscaro. O galego é a única lingua cooficial do Estado que non é incluída neste servizo da empresa sueca. Por iso, Xosé Baamonde, de Aguiño (A Coruña), puxo en marcha unha campaña na Rede para que a compañía de mobles inclúa a lingua galega como outra opción máis para acceder ao seu sitio web.

Páxina principal de Ikea, dende a que se pode acceder aos seus contidos en castelán, catalán e éuscaro mais non en galego.
Páxina principal de Ikea, dende a que se pode acceder aos seus contidos en castelán, catalán e éuscaro mais non en galego.

A iniciativa foi activada na popular plataforma change.org co lema "Queremos que Ikea ofreza a súa web en galego, xa que o fai en castelán, catalán e éuscaro". Nela, Baamonde expón:

Na web de Ikea ofrécense as alternativas de castelán, catalán, éuscaro e moitas outras linguas dos territorios onde teñen tenda esta multinacional sueca.

Non obstante, supoño que por descoñecemento, non aparece a opción de galego; pese a que teñen un establecemento na cidade de A Coruña.

O artigo 5 do Estatuto de Autonomía di que “A lingua propia de Galicia é o Galego”.

Por iso, solicito se remedie o erro ou omisión de non contar con este fermoso idioma na súa páxina web.

Temas: IKEA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 22 comentarios

4 Españolistas dades noxo

Se houbese as mesmas obrigas pra rotular, escribir e estudar galego que as que hai pra facelo en castelán moito chorarían os de "la hinposizión". Un mes tiñades que botar padecendo as que padecemos os galegofalantes pra que se vos pasase a parvice, hipócritas de merda.

1 nostrus

¿Padecendo?, pobriños fanáticos e hipócritas vitimistas que sempre vos andades laiando porque os demais non comulgamos coa vosa fe. A vosa cantinela non cola porque de sobra sabedes que en Galicia pode falar galego todo aquel que queira. Sorte que temos que os nacional-católicos non son tan fanáticos como vos e non esixen que sexa obrigatorio o coñecemento do catecismo.

3 Ted Flanders

Doada éche a cousa! Porque non hai quen o defenda!!!!! Seguimos sendo dirixidos dende Madrid, Zaragoza ou a lúa.....Todo galego que se precie quere ser dominado por calquer soplaflautas alleo antes que darlle a razón ou permitir que algún paisano con bó xeito e millor vontade dirixa as nosas cousas.....Así nos va!!!!!!....Gallegos.....!!!!

2 Galahaz

Pois porque (falo do caso catalán) o catalán en Cataluña é unha lingua de prestixio, está protexida pola Administración autonómica e ademais existe unha demanda social para o seu uso. Sen ir máis lonxe os restaurantes franquiciados de comida rápida que se poden atopar tanto aquí como alí (McDonald's, Burger King, Pans&Co, Telepizza, etc) en Cataluña teñen as súas cartas e todos os carteis en catalán mentres que aquí só os teñen en castelán. E o mesmo acontece con outras moitas empresas multinacionais de múltiples sectores. Por exemplo, a web do BBVA só está dispoñíbel en castelán, inglés e catalán, pero non en galego. Pois ben eu, ex-cliente do BBVA, cancelei hai pouco a miña conta nese banco por ese motivo, e así llo fixen saber ao empregado responsábel de tramitar a miña cancelación. Máis actuar e menos queixarse.

1 nostrus

Galahaz. En Cataluña hai que poñer as cousas en catalan porque te obligan, inda que a sociedade non sae gañando nada con eso. En Galicia si nos plegaramos as esixencias do nacionalismo tamen seria obrigatorio rotular en Galego, pero como somos mais democratas que en Cataluña, aqui rotula como lle da a gaña a xente, porque o que prioriza é asegurarse de que o que escribes chega mellor a mais xente e non prioriza a identidade, a espiritualidade ou farrapos de gaitas. Si o que se quere é que prime a identidade é mellor poñer ao caron de cada rotulo unha pegatina do bloque, que é autoctono de aqui (por desgracia).

2 bobus

en cataluña hai rotulación que non está en catalán, así como moitas páxinas web de empresas con sede en Cataluña que tampouco non teñen versión en catalán. nostrus, se non eres capaz de deixar de dicir tonterías, a ver se polo menos deixas de mentir.

3 Failde

Ser fanatizados é o que ten, Nostrus resulta obedecer a un nacionalismo feroz contra os "outros", precisa inimigos e cando non os atopa pois a inventar. En Catulunya hai localidades con establecementos que rotulan en monolingüe, como Calella, esquecendo o castelán, por suposto, e o catalán... fano en ruso, como hai décadas o facían en alemán. Polo turismo, claro, e porque non hai imposición! E para os nativos, nos barrios arredor da Sagrada Familia, en Barcelona, son centos os que rotulan exclusivamente en chinés, nada de catalán nin de español. Que imposición e de quen! Pobre Nostrus, o seu nacionalismo patrioteiro curase viaxando..., e deixa de enredar: en Catalunya xa pasaron en boa medida o sarampelo nacionalista que ti padeces, andan no soberanismo (mais iso xa é moito para a túa escasa comprensión).

4 nostrus

Los mentirosos sois vosotros porque en Cataluña puedes rotular "solo en catalan", pero no puedes rotular solo en español, entonces es fácil deducir te obligan a rotular en catalán. Y no lo hacen por el turismo ni por mejorar a la gente, sino que lo hacen exclusivamente por motivos identitarios y maniáticos, con lo que la sociedad no sale ganado nada, excepto los nacionáticos que se pueden recrear en sus pajas mentales.

5 Ana

Si Nostrus, os chineses de Barcelona rotulan certamente por motivos identitários en chinés, por ser o seu idioma e por ter liberdade. O maniatico es ti. Vai a Barcelona e enterate. Deixa de facer o papagaio repetindo as consignas do rancio nacionalismo español. E repasa a lección, moitos cataláns xa superaron o nacionalismo que ti padeces, aquel nacionalismo identitario xa pasou, igual que aquela España que ti adoras xa foi.

6 nostrus

Non Ana, esa España do pasado a min non me gusta, entre outras cousas porque ignora a realidade e a diversidade padecendo os mesmos males que o nacionalismo galegueiro de hoxe. O galego é un dereito e vos queredes convertilo en obriga sin ter necesidade deso, tan só para que vos recreedas nas vosas manias identitarias. E convertir en obrigatorio algo que non é necesario chámase imposición. Si o galego é tan importante e necesario como vos decides non faria falta promocionalo nin subvencionalo.

7 Ana

Se substitues galego por muller, discapacitados..., atreveriaste a dicir: "se a igualdade é tan importante é necesária como decides non faria falta promocionala nin subvencionala". Chámase discriminación positiva, aplícase a quen padeceu políticas que "ignoran a realidade e a diversidade" (as palabras son túas). No do nacionalismo identitario non entendeches nada: ERC ou as CUP non se definen como nacionalistas (e moito menos identitario!), precisas estudar o caso catalán de novo se queres comprendelo. Tamén podes seguir co catecismo antigo, non chegarás á comprensión da realidade, mais de fantasias tamén se vive e alimenta o espírito.

8 bobus

nostrus, estanche dicindo xente que estivo en Cataluña que a rotulación haina en vinte idiomas distintos sen estar en catalán ou só en catalán, e o mesmo nas webs, e vaslle ti a dicir a esta xente que non? definitivamente, aquí só poden pasar dúas cousas: ou quereste pasar de listo e facer chistes que non fan gracia a ninguén, ou non es 100% (inclínome máis polo segundo). E ten por seguro que o único maniático, identitario exacerbado e totalitario es ti. Certificado.

9 nostrus

bobus. Quen parece que nunca estivo en Cataluña es ti, pero eu si teño estado en Cataluña non hai moito e teño estado hai decadas. Aló non esta prohibido rotular en castelán, pero esta prohibido rotular en castelan si non esta en catalan, esa é a diferecia, pero en cambio non esta prohibido rotular só en catalan. Con todo eso non é dificil chegar a conclusion de que rotular en catalan é obrigatorio. E toda esa fiebre maniática lingüistica non se fai polo ben da sociedade, senon que se fai pola mania identitaria do nacionalismo maniático.

10 bobus

pero deixa de dicir mentiras, paifoco! que non é certo! eres mais goebbeliano que o propio goebbels! eu estiven en tossa de mar, en barcelona, en tarragona e en valls, e teño visto locais dabondo rotulados SÓ EN CASTELÁN, ademáis de SÓ EN INGLÉS e SÓ EN CHINÉS e tamén SÓ EN CATALÁN Paifoco, máis que paifoco, que non eres máis que un supremacista que está mal da cabeza. Métete na túa cova onde o teu mundo totalitario se fai realidade.

11 nostrus

bobus. Aqui tes a demostracion de quen minte. (Ley 1/1998, de 7 de enero, de política lingüística. Articulo 31) Las empresas y entidades públicas o privadas que ofrecen servicios públicos, como son las de transporte, suministros, comunicaciones y otras, han de utilizar "al menos el catalán" en la rotulación y en las comunicaciones megafónicas. Por certo, o de paifoco chámasmo porque pensas que son un espello, e eu non vou insultarte porque non me fai falta. O nacionalismo só é unha mania inquisitoria que por sorte non ten a forza que quixera.

12 Galahaz

A ver, inepto. Es parv0 ou quéresnos facer parv0s ao resto? A que empresas se refire ese artigo 31? Non se refire ás empresas que ofrecen servizos públicos? Sabes o que é un servizo público? A túa cabeciña é quen de distinguir un servizo público dunha actividade privada? Están obrigadas en virtude dese artigo as empresas privadas que non prestan servizos públicos a rotular en catalán? Es un ignorante, meu. Síntocho moito. Eu cando non sei algo procuro non falar, e se aínda así o fago e posteriormente comprobo que me equivoco sei recoñecer o meu erro. Serás ti quen de facelo?

13 bobus

ninguén che insultou, paifoco! (vólvocho chamar). Paifoco é sinónimo de paduán, o que tampouco é un insulto. Un paduán (ou cosmopaleto, que tamén están moi de moda) é alguén que sen ter argumentos de peso repite mantras ata a saciedade, e cando lle presentan evidencias racionais que desmontan os seus argumentos, continúa teimando en mentiras pola súa propia conveniencia. O termo goebbeliano descríbeche bastante ben, aparte de paifoco e paduano. Aprende esto, paifoco: o fanatismo cúrase lendo, viaxando e abrindo a mente!

14 nostrus

Galahaz. Vaia, vexo que admites que hai empresas que teñen a obriga (sexan publicas ou privadas) de rotular "alomenos en catalan", pero non teñen obriga de facelo en español, lingua comun de todos os españoles. Mais ben deberia ser ao reves e rotular "alomenos en español" para que entendera a maioria. Non me chames parv0 para cargarte de argumentos, porque non che cola. bobus, eu a ti chámoche g*lipollas e non é un insulto. tan só é o mellor modo de demostrar o que eres. Viaxa ti que che fai mais falta, ademais de aprender modales. Os nacionáticos non tedes futuro porque non imos tragar as vosas trapalladas

1 balbino

Esta multinacional ten unha única tenda no País, na que por defecto aparace en galego o entrares nela, isto xa é máis do que ofrecen páxinas de empresas "galegas" ou incluso instituciós coma o Concello roturista da Coruña. Comencemos por limpar a nosa casa e despois imos o resto.

1 Failde

Si Balbino, na Coruña non había presenza destacada do GALEGO nin co BNG do bipartito. As prioridades, Balbino, dos teus tampouco son a língua.Otra cousa son os cheques e regalos....

2 balbino

¿¿¿¿¿????? A que ven esa resposta, BNG do bipartito??? mama mía como andamos. o de sempre claro sea do que sea a noticia o importante e machacar o BNG inclusive mezclando competencias de diferentes organismos mostrando non ter nin p... idea.

3 Ana

Balbino, por favor, non te pases de listo! Seguro que non entendes que che falaron do bipartito PsoEspañol - BNG no Concello da Coruña, si aquel que deixou campar os topónimos deturpados pola cidade (desde La, la, las, pasando por Arteijo, Lagrela, Cuatro Caminos, Finisterre, Villa de...) e os feixistas, a cambio da mantenza de catro liberados. Balbino, ti si que sabes... desviar a atención!