Temas: TURISMO

O aumento do turismo foráneo permite novas oportunidades de negocio

Os turistas estranxeiros aumentan case un seis por cento, o que dispara as pernotacións a unhas cifras non vistas en case unha década.

Por GC Emprende | Santiago de Compostela | 29/11/2016 | Actualizada ás 12:21

Comparte esta noticia

O dos servizos turísticos e un dos subsectores nos que máis oportunidades de negocio se poden abrir a curto prazo. E é que a entrada de turistas en Galicia vive bos momentos. Este ano foi bo para o turismo en Galicia, con cifras de récord en hoteis dentro da autonomía. En concreto chegouse a uns 3,9 millóns de visitantes en toda a comunidade galega durante os primeiros 10 meses, o que supón un 6% máis que as cifras do mesmo período do ano pasado.

Non só as visitas aumentaron, tamén as reservas nos hoteis creceron un 7,2% con respecto a 2015, ata chegar a un total de 7,5 millóns de reservas. Todo tipo de reservas da zona, incluídas as de Expedia.es para alquiler de coches baratos viu un incremento pronunciado.

As cifras tamén melloraron substancialmente no ámbito da orixe dos turistas. Os turistas internos han aumentado un 7%, os doutras comunidades un 5,6% e os internacionais un 6,1%. Debido a isto a media de pernoitas mellorou ata 2,4 puntos máis que o primeiros dez meses de 2015, unhas cifras que non alcanzaban uns niveis tan bos desde hai case 9 anos.

En concreto o mes máis potente foi curiosamente o último do reconto, outubro, o cal aumentaron un 9% o número de aloxados en hoteis galegos respecto de outubro de 2015, ata un total de 407.731, 33.500 máis que o ano pasado, e por conseguinte o número de pernoitas tamén sufriu un aumento considerable ata chegar a case 760.000.

Segundo os datos da Encuesta de Ocupación Hotelera do INE, os destinos máis habituais dentro da comunidade galega foron A Coruña (con 204.135 visitantes), Pontevedra (112.156 visitantes), Lugo (62.362 visitantes) e Ourense (29.078).

O gremio hostaleiro está contento con estas cifras, xa que viron como un 44,57% das habitacións hostaleiras enchéronse durante os 10 primeiros meses, ademais dun 38,5% das prazas.

Aplicación para Móbil o Santiago Oculto dos Peregrinos
Aplicación para Móbil o Santiago Oculto dos Peregrinos | Fonte: santiagooculto.com

Peregrino no Camiño de Santiago nunha imaxe da exposición Via Iacobitana
Peregrino no Camiño de Santiago nunha imaxe da exposición Via Iacobitana | Fonte: xunta.gal
Temas: TURISMO
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta