A película 'María (e os demais)', da produtora galega Frida Films, chega este mércores aos cines

'María (e os demais)', película da produtora galega Frida Films, dirixida por Nely Reguera e protagonizada por Bárbara Lennie, chega este mércores aos cines. A directora e o produtor do filme acudirán ás 20,00 horas aos multicines Norte de Vigo para asistir á estrea e tras o pase participarán nun coloquio co público.

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 07/12/2016 | Actualizada ás 07:17 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

'María (e os demais)', película da produtora galega Frida Films, dirixida por Nely Reguera e protagonizada por Bárbara Lennie, chega este mércores aos cines. A directora e o produtor do filme acudirán ás 20,00 horas aos multicines Norte de Vigo para asistir á estrea e tras o pase participarán nun coloquio co público.

Ambientada e rodada integramente en Galicia, con equipo técnico galego, 'María (e os demais)' participou a concurso no pasado festival de San Sebastián e foi nomeada aos premios 'Feroz' que concede a asociación de críticos cinematográficos de España nas categorías de Mellor Película de Comedia e Mellor Actriz Protagonista.

Dende que morreu a súa nai, María coidou do seu pai e dos seus irmáns. Responsable e controladora, sempre foi o piar da familia e séntese orgullosa diso. Por iso, cando o seu pai anuncia que casa con Cachita, a súa simpática enfermeira, María sente que o seu mundo se esborralla. Chegou o momento de atreverse a vivir a súa propia vida.

Esta é a formulación de 'María (e os demais)', a cuarta produción da produtora galega Frida Films que este mércores se estrea nas salas de cinema españolas.

Protagonizada por Bárbara Lennie (gañadora do 'Goya' 2015 á mellor actriz por 'Magical Girl') e o redondelano José Ángel Egido (gañador do 'Goya' ao Actor Revelación polos 'Luns ao Sol'', na repartición destacan Julián Villagrán, Pablo Derqui, Vito Sanz e os galegos María Vázquez, Miguel de Lira, Luisa Merelas, Ernesto Chao e Xulio Abonjo.

A premiere de 'María (e os demais)' tivo lugar na pasada edición do Festival de Cinema de San Sebastián. Tras o seu pase en Donosti, a película recibiu unhas extraordinarias críticas, recibiu dúas nominacións (Mellor Película de Comedia e Mellor Actriz Protagonista) aos premios 'Feroz' que anualmente entrega a Asociación de Informadores Cinematográficos de España e o pasado mes de novembro foi galardoada co Premio Especial do Xurado no Festival do Cinema e a Palabra (CIBRA) de Toledo.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta