SANTIAGO DE COMPOSTELA | 13/12/2016 | Actualizada ás 18:20 por EUROPA PRESS
Santiago de Compostela estreará un novo modelo modular de estacións de Inspección Técnica de Vehículos (ITV), pioneiro en España, desenvolvido por un equipo da Escola Técnica Superior de Arquitectuea da Coruña e que simplifica o proceso de construción e montaxe da estación.
O director xeral de Enerxía, Anxo Bernardo Tahoces, o concelleiro de Medio de Santiago, Xan Duro, e o delegado do Grupo Fomento de Iniciativas, José Luis Álvarez, realizaron este martes unha visita ás obras da nova estación de ITV que se están a desenvolver no polígono compostelano da Sionlla.
O arquitecto Félix Suárez, representante do Grupo de Estruturas Especiais da Escola, foi o encargado de explicar os detalles deste proxecto, que destaca pola súa "versatilidade", xa que se pode ampliar segundo as necesidades de cada estación en concreto, así como pola súa "universalidade", xa que está homologado para calquera país do mundo.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.