Acouga presenta unha demanda para reclamar os gastos de formalización de hipotecas que afectan a uns 90.000 clientes

A Asociación Galega de Consumidores e Usuarios (ACOUGA) presentará unha demanda colectiva para reclamar a varias entidades financeiras a devolución aos seus clientes dos gastos de formalización das hipotecas asinadas.

A CORUÑA | 16/12/2016 | Actualizada ás 19:02 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

A Asociación Galega de Consumidores e Usuarios (ACOUGA) presentará unha demanda colectiva para reclamar a varias entidades financeiras a devolución aos seus clientes dos gastos de formalización das hipotecas asinadas.

O secretario xeral de Acouga, o avogado coruñés Xoán Antón Pérez-Lema, sinala que cerca de 90.000 usuarios, a maior parte de Abanca, e moitos de fóra Galicia, poden estar afectados por estes cobramentos indebidos, segundo se desprende da sentenza Tribunal Supremo, que hai un ano anulaba estas cláusulas por abusivas.

Acouga calcula que para unha hipoteca media de 90.000 euros, o desembolso para o cliente se achegaría aos 2.000 euros, que son os que poderían ser obxecto de devolución.

Dende a asociación instan os consumidores a recuperar as facturas que certifican eses gastos de formalización, pedíndollelas ao notario e ao rexistrador, e o comprobante de liquidación de imposto na Axencia Tributaria Galega.

PROCESO A SEGUIR

Segundo expón a asociación, o primeiro paso da demanda será a apertura dunhas dilixencias preparatorias e a petición por vía xudicial ás tres entidades contra as que se dirixirá a demanda- Abanca, Banco Pastor e Caixa Rural Galega- de que "se dirixan a todos os consumidores que teñan estas cláusulas" nos seus empréstitos hipotecarios".

A continuación, sostén Acouga, presentarase demanda ante o xulgado do Mercantil, que terá que decidir sobre a súa admisión a trámite, e que se podería demorar "uns tres ou catro meses". Despois, os consumidores poderán adherirse á demanda.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta