A organización ultracatólica Hazte Oír reparte panfletos en colexios galegos contra a diversidade sexual

As entidades LGBTI galegas envían un escrito á Consellería de Educación e á Valedora do Pobo para alertar destas prácticas propagandísticas "lamentables" e estudan a posibilidade de denunciar este feito ante o Ministerio Fiscal.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 20/12/2016 | Actualizada ás 10:00

Comparte esta noticia

A organización ultracatólica Hazte Oír estivo a distribuir recentemente por centros de ensinanza de toda Galicia e de España un panfleto co título '¿Sabes lo que quieren enseñarle a tu hijo en tu colegio? Las leyes de adoctrinamiento sexual', no que se ataca duramente a educación no respecto á diversidade sexual e de xénero e no que se verten afirmacións incertas sobre as leis para a igualdade LGTBI aprobadas en varias comunidades  autónomas, entre elas Galicia coa Lei 2/2014, de 14 de abril.

Imaxe de portada de '¿Sabes lo que quieren enseñarle a tu hijo en tu colegio? Las leyes de adoctrinamiento sexual', panfleto propagandístico que Hazte Oír repartiu por colexios contra a diversidade sexual.
Imaxe de portada de '¿Sabes lo que quieren enseñarle a tu hijo en tu colegio? Las leyes de adoctrinamiento sexual', panfleto propagandístico que Hazte Oír repartiu por colexios contra a diversidade sexual.

O panfleto preséntase como unha publicación que "describe una amenaza real para las libertades y los derechos fundamentales", referíndose así ás leis autónomicas que garanten a liberdade sexual e, polo tanto, protexen os dereitos de individuos e preveñen o odio. Con todo, segundo Hazte Oír, estas normas, aprobadas en dez autonomías, "entregan la educación de nuestros hijos a colectivos LGTBI", aos que os ultracatólicos negan dereitos fundamentais.

A propia portada do panfleto é unha manipulación na que se pode ver a dous cativos facendo o saúdo fascista a unha bandera arco iris, símbolo dos colectivos LGTBI, e que é unha montaxe sobre unha foto orixinal tomada en España en 1939 de dous nenos saudando un cartel do ditador Francisco Franco nun muro na rúa.

Ante estes feitos, que consideran "lamentables", as entidades LGTBI galegas veñen de presentar un escrito á Consellería de Educación e Ordenación Universitaria e á Valedora do Pobo para "expresar a nosa fonda preocupación e máximo rexeitamento ás afirmacións vertidas por Hazte Oír na súa propaganda", xa que entenden que "son contrarias aos valores contidos no noso ordenamento xurídico e incita ós delitos de odio por motivo de orientación e identidade sexual".

No escrito, instan á Consellería e á Valedora do Pobo a "preservar unha boa e inclusiva convivencia nos centros educativos, entendendo a diversidade como un valor a respectar, e creando as condicións necesarias para previr e, no seu caso, tratar calquera manifestación da incitación ao odio, do acoso escolar ou de discriminación dun alumno ou alumna por mor da súa identidade ou orientación sexual".

Así mesmo, as entidades LGTBI galegas están a estudar a posibilidade de denunciar este feito "tan deleznable" ante o Ministerio Fiscal, por entender que "este panfleto vulnera varios artigos da lexislación internacional, española e galega, así como a protección xurídica do menor, incitando o dio cara o colectivo LGTBI".

Os individuos LGBTI galegos —lesbianas, gais, bisexuais, persoas transxénero e intersexuais— denuncian que "o texto difundido pretende crear unha alarma inxustificada entre as familias do alumnado e entre a comunidade educativa en xeral, denostando —con argumentos ideolóxicos e discriminatorios— á comunidade LGTBI, á que acusa de forma absolutamente infundada, de querer causar un grave dano ó alumnado".

"Nunha sociedade democrática e plural, o respecto á diversidade é un piar básico da convivencia, e a educación é un instrumento imprescindible para transmitir ao alumnado ese respecto ás realidades diversas existentes. Non esquezamos, ademáis, que o alumnado LGTBI é un dos que mais sofre o acoso escolar nos centros educativos, polo que é imprescindible que se cumpran todas as medidas  legalmente establecidas para garantir o benestar das nenas, nenos e mocidade LGTBI nos colexios e institutos galegos", explican estes colectivos.

Entre as súas demandas, tamén piden que se traslade mediante escrito oficial aos equipos directivos dos centros educativos galegos a "necesidade de perseverar na educación os principios e valores democráticos recollidos na lexislación internacional, nacional e autonómica, sendo especialmente coidadosos e escrupulosos no material difundido entre o alumnado e utilizado na función docente, e rexeitando calqueroutro que non cumpra con estes requisitos".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 11 comentarios

8 Eu mesmo

Un dos seus promotores é Jaime Mayor Oreja, coñecido membro do triunvirato sucesor de Aznar no PP, que fai de Rajoy un bendito!. O prototipo destos especimes é un persoaxe dunha serie de Telecinco chamado Antonio Recio, vivo retrato de algúns que chuspen por aquí as súas frustracións.

7 IPE

Xa esixiu a súa retirada a semana pasada a ICG, por certo sindicato maioritario no ensino ainda que na Coz sempre indiquen primeiro as opinións doutros. Estamos vendo estes días as consecuencias da sociedade e mentalidade machista ao longo dos anos. A esperanza está na escola e mesmamente a retrógrada LOMCE é moito máis moderna ca estes panfletos que non se deberían nin fotografar nos mass media. STOP SEXISMO!

6 Bufffff

La Constitución otorga el derecho a los padres para que sus hijos se eduquen de acuerdo con sus propias convicciones ¿cómo es posible q se les quiera hacer tragar con algo tan infecto, tan aberrante para un católico como la ideología de género? Ni lo que hace Putin en Rusia ni la falta de libertad de expresión por la que aboga aquí el cien veces detestable lobby gay!!!

1 Españolistas dades noxo

Hai católicos que deixan vivir á xente, outros encirran contra outros pola súa doctrina. O que fan os HazteOrín é pouco menos ca terrorismo, excluíndo unha parte da sociedade galega. O teu troleo é unha estupidez.

5 Bufffff

La Constitución otorga el derecho a los padres para que sus hijos se eduquen de acuerdo con sus propias convicciones ¿Cómo es posible q se les quiera hacer tragar con algo tan repugnante, tan aberrante para un católico como la ideología de género? Ni lo que hace Putin en Rusia ni la falta de libertad de expresión por la que aboga aquí el cien veces detestable lobby gay.

4 resentidos

Estes son os mesmos que nos seminarios e escolas católicas utilizan os nenos para cometer as súas aberracións sexuais, e despois reparten esten panfletos para "redimir os seus pecados". Que salven as súas almas e deixen en paz os nosos corpos!.