SANTIAGO DE COMPOSTELA | 23/12/2016 | Actualizada ás 13:03 por EUROPA PRESS
O Diario Oficial de Galicia publica este venres o anuncio polo que se dá publicidade á relación provisional de admitidos e excluídos e resultados provisionais de baremación no proceso de inscrición de aspirantes para a formalización de nomeamentos estatutarios temporais na categoría de celador, cociñeiro, grupo auxiliar de función administrativa, pinche, lavandero e pranchador do Sergas.
Segundo informou a Consellería de Sanidade, xeráronse un total de 18.030 inscricións, sumando as do anterior proceso e as de nova xeración. A categoría con maior número de solicitudes é a de celador, con 7.138 inscricións. O 11% corresponde a novas inscricións do anterior proceso. A porcentaxe de aspirantes excluídos é do 1 por cento.
Estas son as primeiras listas de xeración automática nas que se aplican os cambios acordados no Pacto sobre Selección de Persoal Estatutario Temporal do Sistema Público de Saúde de Galicia (Sergas).
As listas provisionais atópanse publicadas na páxina web do Sergas. Ademais, os aspirantes poden consultar dende este venres, no seu expediente electrónico persoal, a súa posición relativa e o número de orde nas listas xeradas.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.