SANTIAGO DE COMPOSTELA | 30/12/2016 | Actualizada ás 14:00 por EUROPA PRESS
Antonio Casal Lago asume a dirección territorial de Ence en Pontevedra. Compatibilizará esta ocupación coa de director de desenvolvemento e mellora continua da pastera.
Tras cinco anos á fronte da fábrica de Ence en Pontevedra, a empresa destaca nun comunicado que a planta obtivo, baixo o liderado de Casal Lago, "resultados históricos" tanto en materia de mellora ambiental como operativa.
Ademais, nesta etapa implantáronse as técnicas de "mellora continua" e "calidade total" nas que "a nova Ence" basea a xestión de todos os seus centros de operacións.
Como novo director de desenvolvemento e mellora continua do grupo Ence, Antonio Casal responsabilizarase do desenvolvemento de novos produtos e da I+D do negocio de celulosa, ademais de coordinar a implantación da mellora continua en todos os centros de operacións do grupo.
En tanto que director territorial, será o representante e "a cara visible de Ence en Pontevedra", apunta a compañía. Antonio Casal asumirá as súas novas funcións a principios de febreiro de 2017, unha vez que se incorpore a Ence o novo responsable operativo da fábrica de Lourizán.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.