O Concello de Pontevedra, o máis transparente en Internet

Un estudo analiza os niveis de transparencia dos 44 Concellos máis poboados da Eurorrexión Galicia e Norte de Portugal. Entre os galegos, o pontevedrés acada os maiores valores e Arteixo sitúase último. Compostela é o segundo máis transparente de Galicia na Rede e das dúas grandes cidades do país, Vigo supera á Coruña.

Por Alberto Quian | Santiago de Compostela | 13/01/2017 | Actualizada ás 08:00

Comparte esta noticia

O Concello de Pontevedra é o máis transparente en Internet das cidades e vilas máis poboadas de Galicia; pola contra, o de Arteixo é o que presenta os peores valores neste apartado. Así o constata un estudo realizado por investigadores da Universidade de Vigo sobre transparencia en 44 sitios web municipales de Galicia e Norte de Portugal no que se conclúe que, "en termos xerais, os concellos portugueses son máis transparentes que os galegos".

Casa consistorial de Pontevedra
Casa consistorial de Pontevedra | Fonte: wikipedia

Os autores —Xabier Martínez Rolán, Teresa Piñeiro Otero e Xosé Manuel Baamonde Silva—, propoñen no seu estudo —publicado na revista Observatorio (OBS*)— unha clasificación de trasparencia dos concellos máis poboados da Eurorrexión Galicia - Norte de Portugal. Así, a mostra está conformada por un total de 44 sitios web: 32 municipios lusos e 12 galegos, dos que se avalía a información achegada sobre os membros da cámara e órganos de goberno, información sobre o propio concello (con especial interese na transparencia económica) e as posibilidades de comunicación que utiliza cada consistorio tanto no seu website como en redes sociais. 

Do total de 44 sitios web municipais analizados, o que presenta o maior índice de transparencia é Matosinhos (Portugal), con 39,5 puntos sobre 44, seguido do tamén portugués Vila Nova de Famalicão, e o de Pontevedra en terceiro lugar.

Pola contra, Arteixo, con 19,5 puntos, sitúase no último posto desta clasificación, cos valores máis baixos de dispoñibilidade de información e accesibilidade da mesma. Ademais, o sitio web do municipio galego de Carballo é o antepenúltimo. Ambas as dúas son as únicas administracións locais que "suspenden" en transparencia, ao situarse en valores inferiores aos 22 puntos (a metade da valoración máxima posible). 

Entres os dez municipios cos mellores valores de transparencia online só hai dous galegos: Pontevedra e Santiago de Compostela, que se sitúa no décimo lugar. Ferrol ocupa o undécimo posto, mentres que entre as dúas maiores urbes de Galicia, Vigo, no posto 16, supera en transparencia á Coruña, no 20.

A clasifcación de transparencia entre os concellos galegos queda así, por orde (acompáñase o posto que ocupan na clasificación xeral):

  1. Pontevedra (3º).
  2. Santiago (10º).
  3. Ferrol (11º).
  4. Vigo (16º).
  5. A Coruña (20º).
  6. Ourense (31º).
  7. Lugo (35º).
  8. Narón (37º).
  9. Oleiros (38º).
  10. Vilagarcía de Arousa (39º).
  11. Carballo (43º).
  12. Arteixo (44º).

Os indicadores empregados para valorar o nivel de transparencia dos sitios web municipais foron: información dos membros da cámara, información dos órganos de goberno, información económica, información de servizos do concello, comunicación cos cidadáns, uso de redes e medios sociais, e accesibilidade do sitio web.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 13 comentarios

4 exprochino

O que si é certo e que o concello de Pontevedra é o máis transparente en autopropaganda e en autoreferenciarse con premios deses que se "conseguen" con traballo de gabinete e de "ong" desas que se prestan á manipulación. Algunhas até falan chinés, mais cobran en euros.

1 Un de Pontevedra

Venha mentireiro vaia buscar o cheque de Comisións Pepeiras asinado por Ence.

2 Balbino

Os amigos do PP de Ence como non vos den premios por expertos especuladores e contaminadores e os mareados de Pontevedra tamén premio a bipolaridade, polas mañáns defenden a Ence e pola tarde van a manifestacions para sacala da ría.

3 Galegus

Mama mía isto dos detractores aferreos do BNG é para escachar, coas catro difamacions de sempre tiran de aquí as próximas eleccións, aburrides as pedras nos comentarios, inventade algo novo que si non quedamos sen entretemento, se tal chamade os xefes de Madrid que vos den ideas.

2 Guillerme Gintonic

Tamen levou o premio Corazón de Pedra que se outorga aos concellos con menor gasto social

1 FRPU

Normal. O BnG-UpG de Pontevedra goberna para os ricos señoritos españolistas e taurinos pro-Brilat e pro-Ence do Lérez. Por iso a xente que vota Pp nas eleccións xerais e galegas é a mesma que vota BnG-Lores nas eleccións municipais pontevedresas. Parafraseando o fillo dun galego: "No BnG sodes S-I-P-A-I-O-S, e sabédelo".

2 ENceFÓRA

O Corazón de pedra foi un invento dunha españolísima asociación gremial de xerentes de servizos sociais. Casualmente na nosa terra apuntan contra dous concellos do BNG, un do PSOE e só un do PP. mira que lle cadrou! HAHAHA! Por certo, en Pontevedra os gastos de festas, axudas ás asociacións veciñais... non se inclúen no apartado de gasto social, o que si fan en moitos concellos.

1 comunista independentista

Siii, o Lores é moi transparente. Sobretodo cando declara no Diario de Pontevedra que non quere a Galiza fóra de España. Transparencia pura.

1 Balbino

Xa volves a mentir de novo, o teu e vicio , o que dixo é " non miro a Galiza fóra de España", ti mírala ahora mesmo? Crees que é unha demanda da sociedade? Ogallá pero non é así. E como todolos independentistas sexan coma ti ou como os que se marcharon do Bloque por non selo e puxéronse as ordes dos que garanten a unidade de Españistan mal imos.

2 roche

Transparentes os de LUGONOVO, eso sí que é transparencia, jajaja

3 Asesores pedófilos non

Non o dixo Chovi foi unha manipulación do titular. Pero se o dixera che gustaría http://www.elmundo.es/espana/2015/1...

4 Lozano & Lores SLU

Bloqueiriño, ti si que es español: non hai máis que ollar o teu particular 'galego'! Seguro que nas municipais votas Lores cos ollos pechados, igual que nas autonómicas apostas de cabeza por Feixó e nas estatais estás encantado e a tope con Raxoi. Sodes así de fiar os loristas, uns adoradores dos bultos!

5 La pastillita

Eres tu loquito verdá i tu a quien le botas ahora que te dececionastes con el Podemos