Temas: HUMOR TEATRO

Manquiña e Zahera estrean espectáculos para as Noites de Retranca

O coñecido ciclo de humor con monologuistas galegos reanuda o seu camiño esta fin de semana con actuacións de Manuel Manquiña e Luis Zahera.

Por GC Tendencias | A Coruña | 06/01/2017 | Actualizada ás 09:00

Comparte esta noticia

En concreto, os actores e humoristas estarán no Teatro Colón da Coruña este sábado 4 de xaneiro a partir das 20:30 horas do serán. As entradas xa están a venda en Ataquilla dende só 12 euros máis gastos de xestión.

Manuel Manquiña anuncia Estrella Galicia
Manuel Manquiña anuncia Estrella Galicia | Fonte: Estrella Galicia.

A organización do evento promete un man a man épico entre dous dos shosman máis populares no país. A actuación, baseada en novos monólogos, durará unhas dúas horas. 

"O surrealismo humorístico de Luis Zahera, sempre ligado a nosa cidade e o sarcasmo de Manuel Manquiña, xuntos nun espectáculo que non deixara indiferente o espectador", prometen dende o Teatro Colón.

Luís Zahera
Luís Zahera
Luís Zahera
Luís Zahera
Temas: HUMOR TEATRO
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta