A CORUÑA | 04/01/2017 | Actualizada ás 15:30 por EUROPA PRESS
O voceiro do Grupo Municipal Socialista no Concello da Coruña, José Manuel Dapena, ofreceu "diálogo" á Marea Atlántica para negociar o presuposto de 2017, despois do rexeitamento en pleno cos votos de PP e PSOE. Non obstante, culpou o alcalde, Xulio Ferreiro, de que non houbera negociación.
En rolda de prensa, e a preguntas dos xornalistas, Dapena manifestou que, nos sete días transcorridos dende o pleno, o alcalde herculino, non se puxo en contacto con esta formación para negociar as partidas de 2017.
"Non houbo ningún contacto", recoñeceu Dapena, quen precisou que segue esperando "a chamada" do rexedor despois de que este mostrase a súa vontade de negociar coa formación socialista.
Non obstante, lamentou o "pouco interese en negociar". "Parece un guión xa marcado", dixo ao ser preguntado pola posible presentación dunha moción de confianza e non descartando que se remate nela se non se materializa esa negociación.
NEGOCIACIÓN "DENDE CERO"
Sobre o presuposto, considerou que a negociación debe "partir de cero" en lugar de tomar como base o proxecto de presuposto da Marea Atlántica. "É a forma máis clara de dicir que chegamos buscando o mellor para a cidade", engadiu.
Ao respecto , e sobre os datos do paro feitos públicos este mércores, criticou que "sigan subindo na cidade". Ademais, dixo que as cifras de desemprego "merecen unha resposta" dende o goberno municipal con "medidas" a través dos presupostos.
LA SOLANA
O voceiro socialista no Concello da Coruña realizou estas manifestacións na a presentación da moción que levarán a pleno sobre a venda de La Solana, formulada dende o Autoridade Portuaria.
Dapena sinalou que non son tempos "nin de vendas nin poxas e si de recuperar a cidade para os coruñeses". Como fixo xa o alcalde e o Grupo Municipal do BNG, esixiu o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, que se poña "do lado dos coruñeses".
"E non dos intereses do Porto", apostilou rexeitando a venda e reclamando que estes terreos volvan "a mans públicas".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.