A Xunta establece a partir do venres a veda da nécora e do santiaguiño

A Xunta pecha a partir deste venres, día 6, a campaña de captura da nécora e do santiaguiño, que permanecerá inactiva ata o 2 de xullo no caso da nécora e ata o 1 de outubro para o santiaguiño.

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 06/01/2017 | Actualizada ás 10:04 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

A Xunta pecha a partir deste venres, día 6, a campaña de captura da nécora e do santiaguiño, que permanecerá inactiva ata o 2 de xullo no caso da nécora e ata o 1 de outubro para o santiaguiño.

O departamento que dirixe Rosa Quintana persegue con esta medida técnica favorecer a reprodución e reducir o esforzo pesqueiro que soportan as poboacións destas especies en Galicia.

Dende o 1 de xullo de 2016 vendéronse nas lonxas galegas máis de 112 toneladas de nércora, por un importe total duns 2 millóns de euros. No caso do santiaguiño, o período autorizado para a súa captura empezou o 1 de outubro do ano pasado e, dende ese día, vendéronse en lonxa máis de 1.150 quilos desta especie, por un valor de case 74.000 euros.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta