A Xunta traslada a municipios da área do transporte metropolitano da Coruña o plan de acceso de buses

Apela á busca do "maior grao de consenso" para a aprobación deste plan

A CORUÑA | 11/01/2017 | Actualizada ás 19:47 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

A Consellería de Infraestruturas e Vivenda trasladou a alcaldes da área de transporte metropolitano da Coruña o novo plan de mellora do acceso dos autobuses interurbanos ao centro da cidade "resultante do proceso de participación pública", sinala nun comunicado.

En concreto, explica que a directora xeral de Mobilidade, Helena de Lucas, enviou unha carta aos concellos na que alude "á vontade" do Goberno galego é "aprobar este plan co maior grao de consenso". "Por este motivo, antes da aprobación definitiva, a Xunta somete o novo documento á consideración dos concellos", explica.

Para iso, dálles un prazo de 20 días. Por outra banda, indica que xa enviou a estes municipios o pasado verán "a primeira versión e o documento actual e o resultante das modificacións introducidas como resultado dese proceso de participación pública e alegacións".

Así mesmo, avanza que o próximo venres terá lugar unha reunión da comisión de seguimento do plan de transporte metropolitano da Coruña no que a directora xeral de Mobilidade explicará aos representantes municipais as modificacións introducidas no plan e as previsións para a súa posta en marcha.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta