Case 700 conflitos familiares pasaron o servizo de mediación intraxudicial de Vigo

Xuristas apostan por estender a mediación a outros ámbitos, como penal, civil ou mercantil

Vigo | 19/01/2017 | Actualizada ás 15:22 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

Case 700 conflitos familiares pasaron polo servizo de mediación intrajudicial posto en marcha en Vigo a finais de 2012, grazas a un convenio entre a Xunta e a Universidade de Vigo, coa a colaboración do CGPJ e a Fiscalía, segundo explicou este xoves o director xeral de Xustiza, Juan José Martín.

Nunha visita ao servizo, realizada con motivo da celebración do Día Europeo da Mediación, Martín precisou que non todas as familias implicadas aceptaron proseguir coa mediación para solucionar os seus conflitos, pero das que si o fixeron, un 60 por cento, arredor da metade lograron un acordo satisfactorio.

O director xeral recordou que son os xuíces ou letrados do Estado os que derivan os casos a este servizo (uns 2.000 en Galicia), e subliñou que "case todos son susceptibles de someterse ao proceso mediador". No ámbito familiar, a lei impón unha excepción: aqueles conflitos nos que houbera violencia de xénero.

Cando as partes en litixio chegan a este servizo, infórmaselles do "camiño" que poden seguir e, asesorados por unha xurista e unha psicóloga, buscan unha solución que satisfaga a ambas as dúas partes. Precisamente esa é a principal vantaxe desta alternativa: as familias chegan a unha solución "á medida", na que priman o interese dos menores, dunha forma máis áxil e cun servizo gratuíto.

MEDIACIÓN PENAL

O xuíz decano de Vigo, Germán Montañés, indicou que, aínda que a mediación "non está institucionalizada" se ha instalando pouco a pouco, e avogou por que se leve a cabo un "labor pedagóxico" entre os axentes xurídicos para estendela máis. "A solución a través da mediación é sempre mellor que unha sentenza, na que pode haber vencedores e vencidos", sinalou, e subliñou que "o seguinte paso que ten que darse é a mediación penal".

En todo caso, Montañés precisou que o servizo de mediación non debe entenderse unicamente como un mecanismo para "aliviar" ou "descolapsar" os xulgados de familia, senón para buscar "a mellor solución" nun conflito. "Pode axudar, pero non é unha medida para acabar co colapso", engadiu.

A catedrática de Dereito Procesual da UVigo, Esther Pillado, apostou porque o convenio "se amplíe a outros ámbitos" e poidan establecerse servizos de mediación civil ou mercantil, co fin de ser útiles en conflitos veciñais, de lindes, divisións de herdanzas ou empresas familiares, entre outras cuestións.

No caso da mediación familiar, Pillado indicou que este mecanismo de acordo está especialmente indicado cando as partes en conflito están obrigadas a manter vínculos unha vez que rompeu a relación.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta