A Xunta prevé asinar este cuadrimestre a orde de aprobación da PXOM de Soutomaior

A Consellería de Medio Ambiente calcula que no primeiro cuadrimestre deste ano poderá emitir a orde de aprobación do Plan xeral de ordenación municipal (PXOM) do Concello de Soutomaior.

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 13/02/2017 | Actualizada ás 18:14 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

A Consellería de Medio Ambiente calcula que no primeiro cuadrimestre deste ano poderá emitir a orde de aprobación do Plan xeral de ordenación municipal (PXOM) do Concello de Soutomaior.

Así llo trasladou a conselleira, Beatriz Mato, ao alcalde deste concello, Agustín Reguera, durante a visita á actuación realizada no parque infantil do peirao de Arcade, no marco do Plan hUrbe.

Mato indicou que, despois da presentación da documentación do plan xeral por parte da Administración local, a Dirección Xeral de Ordenación do Territorio supervisará que o contido do mesmo se adapta á Lei do Solo, para o que dispón dun prazo máximo de tres meses.

A conselleira felicitou aos responsables do Concello de Soutomaior por concluír a redacción do plan xeral e lembrou que un concello con plan xeral "é un concello con futuro" ao contar cunha "folla de ruta" que indica cara a onde crecer e como facelo dunha maneira ordenada.

En canto á reforma do parque infantil situado na chaira do peirao de Arcade, apuntou que se levou a cabo grazas a un convenio de colaboración entre a Xunta e o Concello de Soutomaior.

Os traballos, nos que a Xunta investiu preto de 60.000 euros, consistiron na demolición e escavación para a nivelación do terreo e a construción dunha soleira de formigón armada para a instalación dos equipamentos. Sobre a soleira, implantouse un pavimento de caucho continuo, cun grosor medio de catro centímetros.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta