Temas: SERGAS

Os sindicatos do SERGAS protestarán unidos

As principais centrais do sector, incluidos os sindicatos de colectivos profesionais, lanzarán unha campaña de mobilizacións común.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 28/02/2017 | Actualizada ás 11:37

Comparte esta noticia

As organizacións sindicais CIG-Saúde, CCOO, CSIF, UGT, SATSE e SAE anunciaron esta mañá que convocan unha rolda de prensa para anunciar a campaña de mobilizacións. Segundo as centrais, as protestas nacen "diante da negativa da consellaría de Sanidade de convocar a Mesa de Negociación".

Protesta dos traballadores sanitarios pedindo máis medios e persoal no hospital do SERGAS na Coruña, o CHUAC
Protesta dos traballadores sanitarios pedindo máis medios e persoal no hospital do SERGAS na Coruña, o CHUAC | Fonte: CIG

Os traballadores levan tempo reclando o establecemento dun calendario de recuperación dos acordos relativos ás condicións de traballo e melloras retributivas, cercenados durante a crise. Ademais valorarán a posición do Presidente da Xunta no relativo ás taxas de reposición. Cómpre lembrar que o Goberno Galego está ameazando con non convocar oposicións nin en Sanidade nin en Educación se o goberno estatal do PP non logra sacar adiante uns orzamentos.

A rolda de prensa na que se concretarán as mobilizacións será mañá mércores, día 1 de marzo, ás 11:00 horas, na sede da CIG en Compostela. 

Concentración dos traballadores do SERGAS na Coruña contra os recortes en Sanidade
Concentración dos traballadores do SERGAS na Coruña contra os recortes en Sanidade
Temas: SERGAS
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 5 comentarios

2 Dalle que libras

Que os sindicatos do Sergas van protestar? Juaa, juaa, juaa, juaa. Voume escarallar coa risa

1 Nefelibata

Todo o apoio do mundo aos excelentes profesionais da pública. Sempre coa pública!

1 Gj27

Fala por ti. Eu quero decidir e teño elementos de xuizo dabondo para preferir a privada e saber que estes so defenden os privilexios de funcioneta, casta aparte que nos vacía a carteira.

2 Dr Bacterio

Gj27: Noxento, cando teñas un cancro, espero que vaias á privada a que cho curen

3 Gj27

Pois os cancros externalízanse hai moitos anos na Coruña no vello Hospital Labaca, hoxe Centro Oncológico Regional, de funcionamento tan bo que cando teño que radiarme comprobo que veñen ambulancias con pacientes de fóra da provincia da Coruña. Eu non me refería aos problemas oncolóxicos, que están perfectamente atendidos pola sanidade privada. Referíame a outras patoloxías onde non podes decidir e tes que tragar si ou si coa sanidade pública, os seus malos modos, o seu xeito de tratarte como se foses ganado, etc.