Temas: HUMOR

O fósil máis antigo de vida na Terra contén un pelo de Gayoso

O fósil de 3.770 millóns de anos de antigüidade foi descuberto por unha equipa científica en Canadá contén un pelo de cando comezou a caída de cabelo de Gayoso.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 12/03/2017 | Actualizada ás 09:00

Comparte esta noticia

Unha equipa de científicos descubriu a evidencia máis antiga de vida na terra. Os fósiles foron atopados nunhas rocas no noreste de Canadá que datan duns 3.770 millóns de anos de antigüidade.

Pelo de Gayoso en ambar
Pelo de Gayoso en ambar | Fonte: fotomontaxe de temposgalegos.com

Segundo se desprende do artigo de investigación o pelo de Gayoso é de cando comezou a súa caída de cabelo e pénsase que puido chegar ata norteamérica durante a viaxe que o presentador do Luar fixo para contratar a Bonye M.

O achádego permite cartografar a historia do Luar con moita maior precisión. Deste xeito xa está tomando forma unha nova conxetura que indica que, millóns de anos antes de que existisen as retransmisións televisivas, xa existía o programa en formato teatralizado. As persoas que están a seguir esa liña de investigación sosteñen que a primeira actuación do primitivo Luar podería ser dunhas células procariotas que tocaban a pandeireta cos seus cilicios.

Temas: HUMOR
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

1 Nexus 6

Gayoso eres el mejor. Sin tí habría que cerrar la TeleGaita. Te deseo lo mejor... pero ve pensando en jubilarte, a ver si cierran de una p... vez ese pozo sin fondo de cientos de miles de euros destinado a entretener "viejecitos y aborígenes" del rural. Entre la TeleGaita y la Anormalización de la lengua regional despilfarramos millones de euros que mejor nos vendrían para sanidad, educación y obra pública.

1 Argalheiro

Nexus 6... para ser un móbil intelixente deses dis bastantes animaladas. Se vas así pola vida vas acabar no servizo técnico, lo presiento.