Temas: EUCALIPTO

Nace unha rede galega contra os eucaliptos

Erva e Luita Verde plantan a semente dunha rede de colectivos sociais que loite contra a eucaliptización. Uns 20 colectivos súmanse a esta iniciativa.

Por E.P. | PONTEVEDRA | 11/03/2017 | Actualizada ás 20:54

Comparte esta noticia

Crear unha rede de colectivos a nivel autonómico para pór en valor os montes galegos a través da súa xestión racional respectando a paisaxe e a biodiversidade, e elaborar unha "resposta común" destas entidades para frear a implantación do eucalipto en Galicia son os obxectivos da iniciativa impulsada por Luita Verde e Erva, coa lema 'Contra a eucaliptización do país'.

Plantacións de eucalipto no norte da Península
Plantacións de eucalipto no norte da Península

PRIMEIRA REUNIÓN EN MOAÑA

Case unha vintena de representantes de asociacións do suroeste galego reuníronse en Moaña (Pontevedra) convocados por estes dous grupos ecoloxistas para pór en común ideas e propostas de traballo enfocadas a evitar o que Erva "sospeita" que se aveciña no futuro: o abandono de entre 250.000 e 300.000 hectáreas de terreo --moitas delas polo peche de explotacións lácteas-- "que se van a dedicar á plantación de eucalipto", sinalou Pedro Alonso.

Isto tería unha "incidencia gravísima" nos montes e as terras agrarias, que pasarían "de terreos fértiles a terreos forestais", engadiu.

A convocatoria deste encontro suscitou tanta "expectación", segundo Pedro Alonso, que dixo que noutras cinco comarcas do resto de Galicia vanse a celebrar asembleas similares nas próximas semanas. Con esa perspectiva, desde a organización barallan que en aproximadamente mes e medio póidase organizar unha reunión de ámbito galego.

Avance do eucalipto fronte ás carballeiras
Avance do eucalipto fronte ás carballeiras | Fonte: Adega

ENCE E A SÚA "ALIANZA" CO PP

Erva e Luita Verde advertiron que, tras a revisión do Plan Forestal de 1992, e a "patente de corso" para que prime o modelo "monte-industria, capitalizado por Ence", abrirase unha "nova etapa" cara a outro escenario.

Para estas entidades, a eucaliptización de Galicia é o resultado da "alianza" entre un 'lobby' promovido por Ence e os responsables da política de montes desenvolvida polo PP á fronte do Goberno galego.

Pola súa banda, o portavoz de Luita Verde, Cándido Martínez, lamentou que a presenza do eucalipto alcanza mesmo áreas da Rede Natura que "apenas supón un 13% do territorio galego, cando a media de espazos protexidos a nivel estatal está no 27%". Por iso, Luita Verde propuxo incluír a ampliación da Rede Natura na futura táboa reivindicativa desta plataforma.

FOLLA DE RUTA PARA QUE OS CONCELLOS DECLAREN AO EUCALIPTO ESPECIE INVASORA

Entre os participantes nesta primeira chamada atopábanse organizacións vinculadas ao movemento ecoloxista, ao sindicalismo agrario, ao ámbito cultural, ao monte comunal e propietarios de monte privado.

Apostar polo labor educativo "botando abaixo os argumentos da industria" sobre as vantaxes da plantación de eucalipto, actuar no plano político para que se chegue a desenvolver unha lei de ordenación de usos das terras, e propor alternativas ao cultivo de eucalipto foron algunhas das propostas comentadas polos asistentes ao encontro.

Tamén se expuxo involucrar aos concellos no "control dos procesos de masificación do eucalipto". Como exemplo, a Irmandade Illa de Tambo anunciou a súa intención de trasladar aos municipios de Moaña, Cangas, Bueu e Marín unha moción que se acaba de aprobar por primeira vez en Poio, co voto unánime da Corporación municipal, a través da declaración do eucalipto como "especie invasora".

Ence, dende a praia de Lourido
Ence, dende a praia de Lourido | Fonte: Diego Portela en Flickr.
Temas: EUCALIPTO
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 19 comentarios

10 veloutina

O problema do eucalipto e o problema do abandono dun rural minifundista. Non se pode facer outra cousa porque as leises mentais do paixanase son: Artigo 1: " Eu no meu fago o que me peta, e os alcolitos danme duas pesetas ao dia por peza e sin doblar as costas na terra" 2: " Eu non vendo nin tenho nacesidade de vender, e si os meus alcolitos lle dan sombra no seu, a foderse que pra iso estamos os colindantes" 3: " Eu non compro tampouco. Si queres xuntar as tuas terra nunha soia peza, arrea pra a Patagonia, que eiquí somos de outro xeito e iso da concentración parcelaria non vai con nos."

1 volvoreta

4: "Si vos queredes millorar o paisaxe pra facer paraísos tourísticos, emigrade a Asturias que non está lonxe e as casas e caseríos non dan tanto noxo como as nosas, empezando por as que sobenciona a xunta pra o turismo ourensá do mario conde. Ti vas de chulo e lacazán pero non eres dos nosos, e ainda que presumas de ser de donde queres por habere nascido en Bilbado ti eres tan vindeiro ou alóctona como os alcolitos.

9 Sara

Xa era hora de que alguén en Galicia se levantara con esta plaga do eucalipto que estragou a nosa paisaxe e está convertido a nosa terra nunha eira de Finsa e das papeleiras, coa consentimento intersado da Xunta de Galicia. FORA OS EUCALIPTOS E AS ESPECIES INVASORAS.

8 Galego

O eucalipto é "pan para hoxe e fame para mañan " Non é ningunha tolería dicir que esta árbore erosiona o terreo, seca a terra e os seus manantiais, propaga o lume moito máis rápido ca calquera outra especie e onde se prantou esta arbore dificilmente se dará outra cousa no futuro. Esta é a terra que lle queremos dar aos nosos fillos? Acaso non está ben que haxa colectivos que queiran buscar alternativas que resulten rentables aos seus propietarios sen que fagan dano a terra?

1 Anônimo

OS teus filhos podes-lhe dar carbalho ou castinheiro (que tamém é ũa árvore forânea). Mais nom a vas poder pinchar ti. O eucalipto vá-lo poder pinchar várias vegadas. https://umnovoreintegracionismo.wor...

7 xose

movede o cu e poñedevos o frente dunha explotaciónagraria se e tan fácil asi podedes facer pradeira ecoloxistas de despacho non durades nin una semana, enton para que vale o terreo para ter a silvas?

1 eusi

Mente curta: as silvas das amoras, e tamén se poden plantar amorodos e centos de especies mais que dan moita produtividade, riqueza e mellora para todos... agás para os PPasteiros de lucro inmediato

6 Victor

Non son propietario de ningún monte, pero soñó cunha Galiza chea de autóctonas. E penso que se poderia vivir mellor explotando os recursos destas arbores. Por non falar do turismo, que vos digo que viria en masa so pra ver as cores nas diferentes épocas do ano. Teño 30 anos e na miña comarca so se ven eucaliptos, o capitalismo acaba con todo. Pena de pais. Debería estar prohibido plantalo.