SANTIAGO DE COMPOSTELA | 15/03/2017 | Actualizada ás 19:53 por EUROPA PRESS
A Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) publica este mércores a relación dos certames adxudicatarios en 2017 da convocatoria de subvencións a festivais do sector audiovisual: 'Play-Doc' Festival Internacional de Documentais de Tui, '(S8)' Mostra Internacional de Cinema Periférico da Coruña, 'Festival Internacional de Curtametraxes (FIC)' de Bueu e 'Xornadas de Cinema e Vídeo en Galicia' (Xociviga) do Carballiño.
A través desta resolución, achégase o total das contías solicitadas por todas as mostras que se presentaron a estas axudas no tempo e na forma que se establecían nas bases, publicadas no Diario Oficial de Galicia (DOG) o pasado 26 de decembro.
Deste xeito, entre o catro entidades organizadoras destes certames distribúense 81.561 euros do total de 115.000 reservados para estas subvencións.
Segundo a Xunta, a contía convocada para 2017 sobe un 9,5 por cento con respecto a 2016, polo que "se mantén a liña ascendiente na súa dotación", que xa o ano pasado crecera nun 16 por cento con respecto á convocatoria de 2015.
En concreto, este ano apóiase con 32.400 euros o 'XIII Play-Doc', que se desenvolverá a próxima semana en Tui, así como a oitava 'S8' Mostra Internacional de Cinema Periférico (24.161,28 euros), o'X FICBueu' (22.000 euros) --terá lugar do 9 ao 17 de setembro--, e a 34 edición das Xociviga (3.000 euros).
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.