O ex-deputado de AGE David Fernández Calviño anuncia que deixará de militar en Anova

Asegura que os militantes da formación "non se levan ben" e desvincula a súa decisión da última asemblea.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 21/03/2017 | Actualizada ás 21:59

Comparte esta noticia

O que foi deputado de Alternativa Galega de Esquerda (AGE) na pasada lexislatura pola provincia de Ourense David Fernández Calviño anunciou que deixará de militar en Anova "nas próximas semanas".

David Fernández Calviño nun acto político en Ourense
David Fernández Calviño nun acto político en Ourense | Fonte: Jorge de la Calle

Nunha mensaxe publicada na rede social 'Facebook', o exparlamentario --deixou a súa acta en 2013 para incorporarse a un posto como investigador en Dinamarca-- explica que "mentalmente" deixou a formación "hai meses" pero que "o deixará oficialmente nas próximas semanas" despois de resolver "algunhas cousas pendentes".

"É unha pena... pero Anova xa non é (quizais nunca foi) a organización que quixen axudar a construír", sinala o exparlamentario de AGE, quen desexa "sorte" a aquelas persoas que "continúan no barco".

OS MILITANTES "NON SE LEVAN BEN"

En declaracións a Europa Press, Fernández Calviño dixo "non estar cómodo" en Anova, xa que é unha organización na que os seus militantes "non se levan ben", e que xa non resolve as súas discrepancias "franternalmente".

Respecto diso, desvincula esta decisión da última asemblea e a nova dirección saínte encabezada por Antón Sánchez, xa que asegura que é unha idea "tomada desde setembro", pero que non quixo facer pública antes para "non interferir no proceso".

A isto súmase unha serie de "causas acumuladas no tempo". Sobre a corrente crítica que encabeza o exalcalde de Manzaneda Davide Rodríguez no seo de Anova, David Fernández Calviño asegura sentirse cómodo cos "postulados" que defende, pero di que non se vai porque teña que ver con esta cuestión.

Ademais, móstrase partidario da confluencia con En Marea, aínda que con "discrepancias" sobre como se levou a cabo o proceso. "Voume porque xa non é a miña organización", sostén.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 7 comentarios

4 mais e mais PPodreiros

outra "Carmen la roja" o chamado polo pobo gran danes,... CAERON EN PODREIROS e xa esta dito todo o que tiña que decirse... sobre todo o vello o -Vieiras, abandanou a política e agora adicase a promotor de combates de kick boxing!!!

3 Hai Malleira

Des..... pa.... ci.... to....... como bo marchoso, este marchara en directo e diferido. Así o facían no bloque e asi o van facer todos eles na mareylla do Podemos

1 FRPU

Vanvos de volta. Quedade con eles e que vos preste..

2 comunista independentista

Este homiño sempre está marchando. Marchar é o seu vicio.

1 Efixio

Fas ben. Así estamos todos os que somos algo maduros. Tanto co BNG como con EN MAREA. Sempre andan con liortas, máis ou menos, públicas. Non tenhen remedio. Son galegos. Adolescentes ata a morte. Ou son provincianos de cidades ou povos pequenos ou directamente pailáns, voten a quen voten. Pódeslhe máis o pailanismo que outra cousa. Faite maior. Vaite do país. Que esto está inzado de adolescentes perpetuos.

1 Eudogio

A culpa é do BNG.

2 Xataben

Doulles totalmente a razón a Efixio e a Eudogio.