Temas: METEOGALICIA

Cando e onde vai nevar?

Meteogalicia alerta que o aire polar está entrando xa no país, con nevadas a partir dos 700 metros. Con todo, a cota de neve caerá, e moito, ao final do mércores.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 22/03/2017 | Actualizada ás 10:22

Comparte esta noticia

A Dirección Xeral de Emercencias e Interior de Vicepresidencia da Xunta activou a alerta laranxa este mércores no interior do catro provincias por neve, así como por temporal no litoral da Coruña.

Predicións para o mércores 22 de marzo en Galicia.
Predicións para o mércores 22 de marzo en Galicia.

As nove da mañá do mércores, Meteogalicia alertaba que "entra o aire polar a toda Galicia, con sarabia, treboadas e cota de neve arestora nos 700 m baixando rapidamente aos 300-400 metros cara á noite". Por outra banda, dende 4gotas, a web realizada por meteorólogos galegos, aseguran que "en Galicia haberá que estar moi atentos á neve a partir de mañá mércores ao mediodía". Ademais, publicaron un mapa moi detallado dos lugares coa previsión de neve e onde callará.

Nun comunicado, a Xunta informa de que se prevén nevadas que se prolongará durante este mércores e xoves. Así, prevese que a neve afecte o Sur de Ourense a partir das 8,00 horas do mércores. A partir de mediodía estenderanse ao interior da Coruña e Pontevedra, centro de Lugo e Noroeste de Ourense.

En concreto, espérase que a cota de neve poida baixar ata os 300 metros (con ata catro centímetros de acumulación). Tamén se espera unha acumulación de máis de cinco centímetros en cotas superiores aos 500 metros. En zonas de montaña de Ourense e Lugo haberá nivel amarelo, con acumulacións de máis de 15 centímetros a partir dos 500 ou 600 metros.

No tocante ao temporal costeiro, segundo informa a Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet), a partir do mediodía deste mércores espérase mar combinado do Noroeste con ondas de ata seis metros no litoral Oeste e Noroeste da provincia da Coruña.

Alertas en Galicia o mércores e o xoves
Alertas en Galicia o mércores e o xoves | Fonte: meteogalicia.es

Por este motivo, suspendeuse este mércores e xoves o transporte escolar en 173 concellos galegos, así como as actividades ao aire libre en boa parte de Galicia.

De tal forma, recoméndase á poboación evitar os desprazamentos por estrada, e en caso de emprender viaxe levar cadeas, así como ter depósitos de combustible e líquido anticonxelante cheos.

Así mesmo, a Xunta informa de que se avisou da situación a municipios, deputacións, agrupacións de Protección Civil e clubs náuticos, entre outros.

Previsión de onde nevará realizada por 4gotas.com
Previsión de onde nevará realizada por 4gotas.com
Neve en Lugo
Neve en Lugo
Temas: METEOGALICIA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta