O galego Andrés Suárez regresa esta primavera con novo disco: 'Desde una ventana'

Este próximo 31 de marzo volve Andrés Suárez con 'El corazón me arde', primeiro adianto do seu novo álbum, 'Desde una ventana', que se publicará dous meses máis tarde, avanza Sony Music nun comunicado.

Santiago de Compostela | 22/03/2017 | Actualizada ás 19:11 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

Este próximo 31 de marzo volve Andrés Suárez con 'El corazón me arde', primeiro adianto do seu novo álbum, 'Desde una ventana', que se publicará dous meses máis tarde, avanza Sony Music nun comunicado.

"As guitarras eléctricas e os órganos conducen este poderoso tema con tratamento de auténtico rock, unha canción que deixa atrás antigas melancolías e o aire introspectivo", engade a discográfica.

"A cousa vai dese ardor no peito de cando empeza o amor", explica o artista galego, que compuxo a canción durante un retiro en Formentera do que saíron boa parte das cancións do que será o seu sétimo traballo, o segundo para Sony Music.

E engade o artista: "Dalgunha maneira volvo ás miñas orixes. Non tanto na forma, porque non é nin de lonxe un disco acústico, como no fondo, porque é un disco moi persoal, alegre, comunicativo".

Para gravalo, Andrés foise cos músicos da súa xira, aos que se refire como o bandón, aos estudos Music Lan de Girona. Tocando todos á vez, como nos directos, fixeron as tomas que se converterán nas 14 cancións máis un bonus-track.

É un álbum cociñado a lume lento, no que Andrés traballou durante seis meses, e no que ademais de rock pódese atopar folk e mesmo fado. "Escóitoo e soa a min", resume o artista, que confesa que durante a súa gravación xamais tivo a sensación de estar a traballar nun estudo.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta