A Asociación Galega de Hemofilia destaca as súas accións a favor de pacientes, que superan o medio milleiro en Galicia

A Asociación Galega de Hemofilia (Agadhemo) fixo balance en Santiago de Compostela das súas actuacións durante o pasado ano a favor dos pacientes con algunha coagulopatía, que en Galicia superan o medio milleiro de persoas.

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 03/04/2017 | Actualizada ás 12:21 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

A Asociación Galega de Hemofilia (Agadhemo) fixo balance en Santiago de Compostela das súas actuacións durante o pasado ano a favor dos pacientes con algunha coagulopatía, que en Galicia superan o medio milleiro de persoas.

Asemblea en Santiago da Asociación Galega de Hemofilia.
Asemblea en Santiago da Asociación Galega de Hemofilia. | Fonte: Europa Press

Así o informou este luns a asociación nun comunicado de prensa, no que sinalou que o peche da asemblea anual contou coa asistencia do presidente de Cogami, Anxo Queiruga, e do concelleiro de Educación e Cidadanía de Santiago, Manuel Dios, así como do director xeral de Asistencia Sanitaria, Jorge Aboal.

No marco da asemblea, na que participaron máis de 140 persoas con hemofilia ou con algunha outra coagulopatía conxénita da Comunidade galega, ademais de repasar a xestión e resultados xerais durante 2016, fíxose un repaso das actuacións e as mobilizacións por parte da entidade "para conseguir que o Sergas manteña a súa vontade de diálogo cos pacientes con algunha coagulopatía, facéndoos partícipes das decisións relacionadas coa seguridade dos seus tratamentos".

A asemblea anual, ademais de ser un acto no que a entidade informa o traballo realizado e que ten pensado realizar, tamén serviu "un punto de encontro para todas as familias e persoas con hemofilia e outras coagulopatías conxénitas", segundo sinalou a asociación.

Ademais, no encontro celebrado este ano na capital galega, aproveitaron para coñecer e pór en común, segundo apunta a asociación, "os últimos avances que melloran a calidade de vida e ofrecen opcións aos pacientes a través de novas liñas terapéuticas e maior eficacia e seguridade".

DATOS GALICIA

A Asociación Galega de Hemofilia indicou que en Galicia máis de 500 persoas teñen hemofilia ou algunha outra coagulopatía conxénita e dependen dun tratamento adecuado que "minimice o risco infeccioso e que evite contaxios como os sufridos no pasado con resultados mortais para algúns enfermos.

Agadhemo, fundada o 6 de xuño de 1988, a día de hoxe, segundo destaca, representa á práctica totalidade dos enfermos de hemofilia en Galicia.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta