A Xunta admite os contratos a Atos Origin pero nega trato de favor

A sobriña de Romay Beccaría e ex-subordinada de Feijóo é directiva nesta empresa que, segundo di o Goberno nunha nota oficial, logrou o 7 por cento dos contratos abertos da secretaría de Modernización.

Por Walter Burns | Santiago | 22/02/2010 | Actualizada ás 22:50

Comparte esta noticia

A Xunta reacciona á nova de Galicia Confidencial sobre unha consultora, na que traballa a sobriña do ex-conselleiro Romay Beccaría e ex-colaboradora directa de Feijóo, que leva todos os plans de novas tecnoloxías do novo Goberno.

None

Máxima puntuación en todo menos na oferta económica

O comunicado da Secretaría Xeral non desmente ningún dos datos aportados por este Confidencial. Nin que Atos Origin gañou dous concursos pola vía de urxencia, nin que nos outros dous concursos venceu tras recibir a máxima puntuación en todos os criterios salvo o máis obxectivo, a oferta económica.

Agora ben, o Goberno destaca que as adxudicacións a Atos Origin son unha pequena parte de todo o contratou esta Secretaría. "O orzamento correspondente aos contratos adxudicados a esta empresa representan o 7% (602.640 euros) do orzamento total das adxudicacións realizadas entre xuño do ano anterior e o pasado mes de xaneiro", explica o Executivo.

Dúas adxudicacións negociadas

Galicia Confidencial sinalou que a empresa na que traballa Carmen Martín de Pozuelo Romay gañou a redacción de todos os plans de novas tecnoloxías, non todos os concursos relacionados coa sociedade da información.

Sobre os concursos pola vía de urxencia, Modernización argumenta que "adxudicáronse mediante procedemento negociado, como corresponde ás accións cun importe que non supere os 100.000 euros máis ive, un total de catro contratos, dous deles a Atos Origin e outros dous ás empresas Idom s.a. e Ascent Iberia s.l.".

Membro do Gabinete na CPTOV de Feijóo

Galicia Confidencial destacou a proximidade das carreiras de Nuñez Feijóo e Carmen Martín Pozuelo Romay. Un dato novo é que o presidente da Xunta fichouna, ademais de para a cúpula Correos, para o seu gabinete da Consellería de Política Territorial.

A continuación publicamos íntegro o comunicado da Xunta:

A Xunta de Galicia traballa con máis de 60 proveedores do sector tecnolóxico tanto multinacionais como empresas de ámbito local e nacional

Santiago, 22 de febreiro de 2010.- A Secretaría Xeral de Modernización e Inovación Tecnolóxica adxudicou, entre xuño de 2009 e xaneiro de 2010, a prestación de servizos e subministros a un total de 15 empresas distintas por un importe que supera os 8,6 millóns de euros.

Adxudicáronse mediante procedemento negociado, como corresponde ás accións cun importe que non supere os 100.000 euros máis ive, un total de catro contratos, dous deles a Atos Origin e outros dous ás empresas Idom s.a. e Ascent Iberia s.l. As 21 adxudicacións restantes, de importe superior, realizáronse a través de procedemento aberto, sendo dúas delas para Atos Origin. O orzamento correspondente aos contratos adxudicados a esta empresa representan o 7% (602.640 €) do orzamento total das adxudicacións realizadas entre xuño do ano anterior e o pasado mes de xaneiro pola Secretaría Xeral de Modernización.

Actualmente, as empresas beneficiarias dun ou máis dos 25 procedementos de contratación sacados a licitación desde xuño de 2009 por Innovación son Unisys España s.l., Marka Informática s.l., Foga, Altia, Inforhouse s.l., Tecnocom s.a., Satec, Microsoft, Indra, El Corte Inglés, Coremain, Idom s.a., Atos Origin s.a.e., Ascent Iberia s.l. e Telefónica. Estas 15 empresas son unha parte dos máis de 60 proveedores do sector tecnolóxico cos que traballa a Xunta de Galicia, tanto multinacionais como entidades de ámbito local e nacional.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 22 comentarios

12 Portuguesa

Xa esta o Ave María , recollendo o que sembrou ," xa que tamén o levou para Madrid" e rapaciño fixo carreira , hai que pagar os favores , tendrán que desviar unha diezma o OPUS , por eso saeo a adxudicación mais cara . Según fontes ben informadas anda Romay nun Mosteiro estos días metido, anda o home co cilicio ,debeu ter moitos pensamentos impuros, coño mira que lle gostan as faldiñas , canta asistencia técnica pasou pola cama.

11 pp = corrupción S.A.

PP = LA VOZ ANTIGALLEGA = corrupción S.A.

10 xonxa

e o panfleto do pp (la voz antigallega) non dí nada... coma sempre

9 Demócrata sui generis

Muy bien carlitos, dí que sí, que se han creído esta gente: el choriceo tiene que estar en manos de profesionales, joder, no de aficionados. Que choriceaba Cuiña? ya lo sabemos y lo hacía bien, mamá empresaria recibiendo contratos de la administración a los setenta y pico. Que choricea Baltar? ya lo sabemos, tiene cerca de mil enchufados con dinero público. Que choriceaba Crespo? mal, lo pillaron, pero tendrá lo suyo guardado. Que choriceaba Pasaro? lo único que se perdió fue ser conselleiro. Que choricea Miranda? se esparce mierda, aunque sea mentira (especialidad pepera). Podríamos seguir así ad-infinitum. PERO NO ESTÁ MAL, LO QUE TIENEN QUE HACER LOS DEMÁS, EL PUEBLO, ES CALLARSE QUE OTROS "PRESUNTAMENTE" TAMBIÉN LO HACEN. VAYA DOBLE MORAL, VAYA VERGUENZA AJENA QUE DAS, CARLITOS, VAYA ASCO TUS PROFUNDAS CONVICCIONES DEMOCRÁTICAS, VAYA SOCIEDAD DE MIERDA DONDE UNOS HOOLIGANS DEFIENDEN EL ASALTO A LAS ARCAS PÚBLICAS CON TUS ARGUMENTOS, ÚLTIMO AVISO. QUE ASCO.

8 un calquera

¿quen marea a perdiz carliños?. O problema é que os do bipartito eran moi malos, roubaban, non eran austeros e eran amigos do luxo e por eso os botamos fóra. E agora veñen estos e non só teñen que ser honrados senón parecelo, pois iso era o que dicían. Ademáis de non honrados nen de parecelo son uns mintireiros. Como sigan así a diferencia de Feijoo co bipartito vai ser de máis dos 5000 votos que lle leva de vantaxe o bipartito agora. Que La voz de Galicia xa tivo tempos mellores señor Feijoo, teña coidado.