Un home resulta ferido ao sufrir un accidente coa súa moto en Mos (Pontevedra)

Un home resultou ferido ao sufrir un accidente coa moto que conducía pola parroquia de San Martiño de Tameiga, no municipio pontevedrés de Mos.

PONTEVEDRA | 20/04/2017 | Actualizada ás 20:09 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

Un home resultou ferido ao sufrir un accidente coa moto que conducía pola parroquia de San Martiño de Tameiga, no municipio pontevedrés de Mos.

Segundo informou o CIAF 112 Galicia, o accidente tivo lugar ás 14,00 horas, momento no que se pasou o aviso a Urxencias Sanitarias de Galicia 061, á Policía Local, á Garda Civil de Tráfico e ao Servizo Municipal de Emerxencias.

O home foi trasladado ao Hospital Álvaro Cunqueiro para recibir atención médica.

CAÍDA DE MOTO

Por outra banda, outra persoa resultou ferida ao quedar atrapado debaixo da moto que manexaba tras caer a unha zona de difícil acceso no municipio ourensán de Lobios, concretamente na estrada que une Lobios e Portela, ao seu paso pola parroquia de Río Caldo.

O CIAE 112 Galicia recibiu o aviso ás 18,30 horas, momento no que o servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia desprazou ao momento o helicóptero medicalizado con base en Ourense.

O Centro Integrado de Atención ás Emerxencias 112 tamén informou o sinistro ao GES de Lobios e á Garda Civil de Tráfico.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta