SANTIAGO DE COMPOSTELA | 03/05/2017 | Actualizada ás 08:33 por EUROPA PRESS
O municipio ourensán de Celanova acollerá este mércores, por oitavo ano consecutivo, a Xornada de Convivencia dos centros Curros Enríquez de Galicia, que unirá aos colexios que levan o nome do poeta celanovés.
Esta actividade, organizada pola Fundación Curros Enríquez e na que colabora o Concello de Celanova, pretende reunir periodicamente no municipio aos alumnos dos centros que levan o nome do poeta e realizar actividades na súa vila natal.
En concreto, participarán 130 escolares de 5º e 6º de Primaria dos centros CEIP Curros Enríquez da Coruña, CEIP Curros Enríquez de Ourense e CEIP Curros Enríquez de Celanova.
Ao longo da mañá, os alumnos participarán no programa de concertos didácticos de órgano que organiza o Concello de Celanova e realizarán as visitas á Casa dos Poetas e á capela de San Miguel.
Pola tarde, realizarán actividades de coñecemento da obra dos autores de Celanova e realizarán visitas a Vilanova dos Infantes e Castromao.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.