Mariña Patrimonio pide a inclusión dun novo petróglifo no catálogo de xacementos arqueolóxicos

A asociación Mariña Patrimonio solicitou á Dirección Xeral de Patrimonio a inclusión no Catálogo de Xacementos Arqueolóxicos dun petróglifo situado no lugar de Pena da Arca, no Concello de Cervo (Lugo).

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 05/05/2017 | Actualizada ás 19:10 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

A asociación Mariña Patrimonio solicitou á Dirección Xeral de Patrimonio a inclusión no Catálogo de Xacementos Arqueolóxicos dun petróglifo situado no lugar de Pena da Arca, no Concello de Cervo (Lugo).

O petróglifo está formado por varias cazoletas ou covas -ao redor de 15- e por varios surcos, dos cales algúns rodean ás cazoletas formando círculos concéntricos.

Mariña Patrimonio mostrou a súa confianza en que a Xunta "non demore a inclusión deste novo achado" no catálogo, o que "permitirá garantir a súa protección".

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta