Por Galicia Confidencial | Compostela | 07/05/2017 | Actualizada ás 12:00
Nissan está en pleno desenvolvemento dun sistema de protección para os percebeiros cun equipo denominado Percebeiro Shield cunha moderna tecnoloxía que se aplica ao automóbil.
Así, Nissan adaptou o seu sistema Safety Shield, usado nos coches, para que sirva tamén no desenvolvemento do traballo dos percebeiros. Por iso recibe o nome de Percebeiro Shield, un sistema que xa foi testeado pola Confraría de San Xosé, de Cangas do Morrazo en Galicia.
O novo sistema implementa un hardware e software que escanea o mar mediante un sistema LIDAR de infravermellos, estuda a espuma que xeran as ondas, e con eses datos calcula a chegada de ondas perigosas mediante un algoritmo. O sistema ten un módulo LED que indica o tipo de ondada, un módulo de audio que emite frecuencias de sons con diferentes alertas e un módulo de vibración na zona lumbar, todo iso para avisar aos profesionais con anticipación suficiente.
Mellora a reacción ante un accidente
Ademais, en caso da caída dun traballador á auga, o sistema está conectado a Salvamento Marítimo, polo que reciben a alerta de maneira inmediata e automática, o que mellora o tempo de reacción ante un accidente.
O novo sistema está desenvolvido por Nissan en colaboración con TBWA España, Glasswork e o Instituto de Ciencias do Mar do Centro Superior de Investigacións Científicas.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.