“Xa está ben desa imaxe de Murguía como protector e salvador de Rosalía”

Unha biografía escrita por María Xesús Lama e editada por Galaxia "desmente" á Rosalía de Castro "aflixida" e reconstrúea como unha muller formada e "con intereses claros".

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 11/05/2017 | Actualizada ás 14:06

Comparte esta noticia

María Xesús Lama presentou este xoves en Santiago de Compostela o primeiro volume da súa biografía sobre Rosalía de Castro, un libro no que rexeita de pleno a imaxe "aflixida" e "débil" da poeta galega e reconstrúea como unha muller "vital", formada e "con intereses moi claros".

A escritora e poetisa, Rosalía de Castro
A escritora e poetisa, Rosalía de Castro

'Rosalía de Castro. Cantos de independencia e liberdade (1837-1863)' é a primeira parte dunha biografía sobre a autora que aborda cun "enfoque novo" a vida da escritora desde o seu nacemento ata o ano de presentación de Cantares Galegos.

Editado por Galaxia, o libro "desmente" cuestións como a orixe "aldeá" de Rosalía de Castro ou a idea de que non contou cunha formación extensa. Baseándose en documentación, María Xesús Lama desvela a orixe "acomodada e urbana" da autora clave do Rexurdimento galego, que creceu "gozando do lecer e do benestar da súa clase" nunha localidade como Padrón que, naquel momento, era unha das máis poboadas de Galicia.

Do mesmo xeito, "desmente o trauma de orixe" de Rosalía, que foi "unha nena querida e valorada pola súa familia". "As persoas que a coñecían de forma máis directa dannos testemuño dunha muller alegre, vital, algo que contradí a imaxe que nos chega de Rosalía", contou a biógrafa, en referencia a entrevistas das súas fillas.

Do mesmo xeito, María Xesús Lama incide no período educativo da poeta sendo nena, cando, tras asistir á escola en Padrón, recibiu formación nalgunha escola privada ou academia de Santiago, acorde coa época na que os liceos e ateneos estaban á orde do día.

Retrato de Manuel Murguía e Rosalía de Castro cos seus fillos na casa da Matanza
Retrato de Manuel Murguía e Rosalía de Castro cos seus fillos na casa da Matanza | Fonte: RAG.

UNHA MULLER CON OBXECTIVOS CLAROS

Máis aló da súa formación, a autora cuestiona a teoría de que a poeta escribe, publica e relaciónase co mundo cultural por mediación de Manuel Murguía.

Así, Lama lembrou que Rosalía se desprazou a Madrid con "intereses moi claros", gañarse a vida "por si mesma" e converterse en escritora. Para iso, viaxou con contactos moi relevantes e a Murguía, apuntou, non o coñeceu ata ano e medio despois.

"Xa está ben desa imaxe de Murguía como protector e salvador de Rosalía, como responsable da súa orientación cara á patria", dixo a biógrafa, para quen, lonxe de que a poeta necesitase da súa intercesión, era el "o que estaba desesperado cando a coñeceu", xa que a súa familia quitáralle "a asignación" económica.

Finalmente, María Xesús Lama tamén incide no uso literario do galego, que rexeita que fose por influencia con Murguía e atribúe con anterioridade a Rosalía e aos seus ideais. De feito, a autora criticou que se analice o motivo polo que a poeta deixou nun momento de escribir en galego en lugar de preguntarse "porque empezou a escribir en galego", xa que os seus inicios, acordes coa época, foron en castelán.

Lama prepara xa a segunda parte da biografía de Rosalía de Castro, que prevé que se publique a finais de 2018 e na que tamén garda "algunhas sorpresas".

REVISITAR A ROSALÍA

Na presentación participou tamén o ex-presidente de Galaxia e actual presidente da RAG, Víctor Freixanes, que incidiu na necesidade de "revisitar" de forma periódica a figura de Rosalía.

Freixanes defendeu a publicación desta biografía como "meditada" e "necesaria" e eloxiou a súa capacidade de revisar todo o publicado sobre Rosalía de Castro para "reconstruír" a súa figura.

Todos os autores clásicos, apuntou Freixanes, deben ser "revisitados periodicamente polas novas xeracións", que achegan un novo enfoque. Tamén apostou por incluír a perspectiva de xénero na súa análise.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 8 comentarios

2 enfesta

chamame a a atención, na noticia, o uso do termo aldeá como despectivo, como antónimo de urbano que si que mola. Seguro que Padrón era unha urbe estilo Vigo,...., curioso cando menos.

1 Kollontai luguesa

Si, a min tamén. Por outra banda o libro, con todos os respectos para a autora non deixa de ser unha mera recompilación de datos e observacións que calquera amante da obra rosaliana xa coñecía ou podía concluír. E certo que é de agradecer o afán de divulgación sobre aquela gran rebelde e adiantada ao seu tempo. Galicia é unha terra de mulleres fortes e rebeldes. Mulleres que non temen mirar o futuro aos ollos. Fortes, libres e valentes. Eu creo que no caso de Rosalía tamén pesou moito o feito de ser unha "desclasada" e que iso a levou a sentir as penas dos demais. A ela non lle gustaría ese uso do termo aldeán... Pero que lle imos facer, nesta nosa terra de grandes urbes que ata New York envexa! Apartádevos New York, Singapur, Paris, Londres que aí van as nosas urbes cosmopolitas á conquista do mundo. Ai, que tempos!

1 HGG

Me parece de muy mal gusto y una falta de respeto para los afectados por cacofobia que se publique una y otra vez la imagen de esta mujer, paradigma de fealdad extrema. Y lo creo así aunque se publique esta imagen retocada. Enhorabuena que se difunda su poesión pero hay que pensar en quienes al ver su imagen se sobrecogen, si es que no llegan a la alferecía.

1 PaFeaTuMadre

Tu eres idi-o-ta perdido amigo

2 Antinostrus

Gonadotrofina Humana, en Estado Puro, da que sae polo Mexo.... é o que é este Pailaroco Bordeline que debeu nacer no mesmo Cortello que o Cipaiomononeuronal do Nostrus (e supoño que en Parto Porqueirán Múltiple).

3 Tolambán

Busca axuda profesional, que te leven a Conxo, necesítalo!.

4 HGG

Qué inteligentes sois, jo, me gustaría tener vuestra cabeza, pero no doy la media, jo.

5 Kollontai luguesa

Alguns entrades ao trapo coma un touro detras dunha tea vermella .A min dame a inpresion que esta a tomar o pelo pero se non e asi non ten nin que contestar. Jo. Que viva freaklandia e a ironia.