SANTIAGO DE COMPOSTELA | 16/05/2017 | Actualizada ás 13:38 por EUROPA PRESS
Unha muller recibiu asistencia na mañá deste martes tras incendiarse a súa casa no termo municipal coruñés de Noia, segundo informou o 112 Galicia.
O incendio tivo lugar nun piso da rúa Virxe de Loreto sobre as 10,00 horas. Segundo explicaron os servizos de extinción, un curtocircuíto nun quentador puido ser a orixe do lume.
O 112 indicou que ardeu a estancia onde estaba o quentador, roupa e outros aveños almacenados no habitáculo. O falso teito do corredor, unha habitación e diverso mobiliario tamén resultaron afectados o fume. Ademais, dous cans que había no interior da vivenda faleceron a causa do incendio.
Efectivos de Protección Civil de Noia solicitaron ao 112 Galicia a intervención dos Bombeiros para a extinción dun lume nunha vivenda sobre as 10,00 horas deste martes.
Por iso, o CAE 112 Galicia informou os Bombeiros de Boiro e de Ribeira, GES de Brión e á Policía Local. Debido á rápida propagación das lapas, tamén se alertou -por precaución- a Urxencias Sanitarias que enviou unha ambulancia asistencial para atender á dona do piso, duns 59 anos, por sufrir un ataque de ansiedade.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.