O proceso de fusión provoca a ruptura de Gayoso e Méndez

A fusión das caixas galegas entra na súa recta final pero este longo camiño deixa importantes encontronazos entre José Luis Mendez e Julio Fernández Gayoso polo dominio da nova entidade.

Por Galicia Confidencial | Santiago | 28/04/2010 | Actualizada ás 14:27

Comparte esta noticia

O presidente Alberto Núñez Feijóo acaba de anunciar que en 48 horas a fusión pode estar rematada e Galicia contará cunha caixa forte para "facer fronte a crise". Unha mensaxe optimista que contrasta coas dificultades e reticencias que aínda existen entre as dúas grandes entidades bancarias galegas sobre o reparto de poder e o futuro director xeral da caixa.

De feito, este mércores, sendas delegacións encabezadas por José Luis Pego, de Caixanova, e Javier García de Paredes, de Caixa Galicia, reuniranse para analizar, precisamente, o peso que unha e outra entidade terán na caixa fusionada, así como quen será o encargado de dirixila.

Dirección da caixa

Segundo fontes consultadas por GC, Caixanova podería asumir a dirección xeral da nova caixa, pero contaría cun número dous que sería de Caixa Galicia. Con todo, o reparto de poder resultante é prácticamente equitativo entre as dúas entidades galegas. Queda por saber tamén se se instaurará a figura dos presidentes, que terían funcións honoríficas, e que poderían recaer en Gayoso e no propio Méndez. Sen embargo, desde Caixa Galicia negan que Méndez teña interese en ocupar un alto cargo na nova entidade e critican a Gayoso por "personalista" e por ser o "principal responsable" dos problemas da fusión.

Fontes de Caixanova aseguran que Gayoso está "fora das negociacións" e tamén critican o "excesivos nervios e a rápidez" coa que Caixa Galicia quere rematar a operación porque "están en desvantaxe financieira".

"Enemistade"

Precisamente, os problemas xurdidos ao longo da negociación teñen provocado o distanciamento --algúns xa falan de "enemistade"-- entre Gayoso e Méndez. Os dous máximos dirixentes das principais caixas galegas, a pesar de ter coincidido en numerosos eventos, reducen o contacto e a conversa ao mínimo. Mesmo teñen sentado na mesma mesa a comer sen, prácticamente, dirixirse a palabra.

Campaña mediática

No medio deste desencontro está a campaña mediática desatada nos principais xornais galegos; La Voz de Galicia e Faro de vigo, a favor e en contra dunha das caixas. Por un lado, o xornal vigués apoiou sempre a independencia e solvencia financieira de Caixanova opondose á fusión, mentres que o xornal coruñés criticou nas últimas semanas a postura "inmobilista" da caixa do sur, culpando desta situación ao seu máximo dirixente, Julio Fernández Gayoso.

None

Esta situación de enfrontamento tamén se trasladou á esfera pública co apoio do alcalde de Vigo a Gayoso e de Feijóo, explícitamente, a Méndez. De feito, as relacións entre a dirección de Caixanova e a Xuna se teñen deterirado moito nos útimos meses xa que os primeiros consideran que Feijóo ten apostado directamente por Caixa Galicia.

Feche de oficinas

Con todo, e de fructificar, finalmente, as negociacións a nova caixa tería que pechar 204 sucursais ata 2015 e prexubilar ou prescindir de case 1.000 traballadores.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 6 comentarios

4 Tos contentos

El proceso de Fusion ha concluido con exito!!! Gayendez dirijira la nueva entidad que se denominara :CAIXA-NOVA-A-GALICIA. Y a Tomar X saco.

3 yo xxx

Respóstalle, # 1, tonto del bote, coruñés acomplejado. A ver, ¿quién presumía, desde hace dos años, que presidiría la caja unida gallega con sede en Coruña? Pues Fernández Moreda, presidente de la diputación de Coruña. ¿Y cómo pretendían Caixagalicia, La Voz, la Xunta, etc que fuese el reparto de la fusión, hace unos meses? Pues la sede central en Coruña y en Vigo sólo la cartera industrial, de una caja que tendría que desinvertir mucho de esta cartera. ¿Y quién inició el movimiento de absorción? ¿Caixanova y tus odiados vigueses? No, hijo, no. Caixagalicia y los acomplejados coruñeses, que no se resignan a no ser capital de Galicia, que no asumen que pintan mucho menos de lo que se creen y que se quieren quedar siempre con todo, porque se creen la h...a sin ser más que una ciudad de provincias en una esquina del mapa.

1 UNNO

Que veñan os da Coruña a falar de localismos e de galeguidade xa era o que me quedaba por escoitar. Escacho coa risa.

2 Fiz

Hai moita desinformación en todo este tema dende a razón que move ó Banco de España a promover esta ola de fusións nas caixas se temos o exemplo de Alemaña, un sistema financeiro con pequenas entidades pero eficientes. Non sabemos a ciencia certa cal é a situación exacta de Caixagalicia nin de Caixanova pero hoxe quedou, cando menos, dúas cousas claras: 1- Ningunha das caixas galegas está nunha situación grave polo simple feito de que o regulador estatal acepta a auditoría de KPMG e a súa estimación de axuda do FROB e non a cifra que apuntaban dende Caixanova. Se Caixagalicia, como algúns dicían, estivera mal a caixa fusionada precisaría moito máis do FROB do que di a auditoría de KPMG. 2- O Banco de España non respaldou que Caixanova liderase o proceso, este punto é a pedra angular na que se sostén Gayoso e Pego na negociación. Agora semella que tal cometido por parte do "MAFO" nunca existíu.

1 uno

La culpa de todo lo tiene caballero y algunos viguesitos recalcitrantes que todo lo quieren para ellos. Si fueran un poco más solidarios la fusión ya se habría hecho hace tiempo.

1 Dos

TODO PARA "LA CURUÑA", SARNA PARA LOS DEMÁS. Fco Vázquez, alcalde recalcitrante, a la derecha de (todo)dios. Teniendo en cuenta que en LA CORU está el TSXG, RAG, Delegación del Gobierno en Galicia, delegaciones regionales de empresas (incluida R, de Caixanova) aunque facturen más en el sur, Orquesta Sinfónica de Galicia (y en general todo lo que lleve el "apellido" Galicia se lo han apropiado). Y ahora venden "galeguidade" los del lobby-antigallego de Paco Vázquez, Méndez, Negreira, Fernández-Latorre, entre otros destacados caraduras. Y LO DE LA VOZ DE ESTE FIN DE SEMANA NO TIENE NOMBRE, ¡QUE ASCO! TOCA IR A POR GAYOSO. La fusión os la metéis por allí, a vosotros os interesa, Caixanova no la necesita.