Temas: REFUXIADOS

Concentración contra a política anti-refuxiados de Donald Trump

Amnistía Internacional quere inundar aos lexisladores de EE.UU. con fotografías en contra dos vetos á emigración. Para tal fin convoca un acto este sábado en Vigo.

Por Galicia Confidencial | Vigo | 26/05/2017 | Actualizada ás 10:47

Comparte esta noticia

Unha das ONG máis importantes do mundo, Amnistía Internacional, ten en marcha unha campaña  de apoio ás persoas refuxiadas e migrantes e de denuncia das políticas do novo presidente dos Estados Unidos.

Nenos refuxiados recollen papoulas no campo de Idomeni, cercados polo aramado
Nenos refuxiados recollen papoulas no campo de Idomeni, cercados polo aramado | Fonte: Miguel Núñez.

Como parte deste esforzo anti- Donald Trump, Amnistía Internacional en Galicia convoca unha concentración este sábado en Vigo. 

Será ao mediodía na Praza da Princesa olívica. Amnistía Internacional anima aos asistentes a facerse “unha foto multitudinaria” cos lemas: “Non hate, non fear e #Refugeeswelcome”. É dicir, “non ao odio, non ao medo, benvidos refuxiados”.

O obxectivo desta acción é recordarlle aos lexisladores estadounidenses que “as decisións do goberno norteamericano rompen familias e violan os dereitos das persoas máis vulnerables do mundo”.  Así, a ONG  remitirá as imaxes tomadas nas concentracións como a de Vigo aos congresistas estadounidenses, unha mostra de como os galegos tamén alzan a voz contra  “ás políticas que violan os dereitos humanos”.

Polo de agora, o poder xudicial paralizou a tentativa de Trump de vetar calquera emigracioń de Irán, Libia, Siria, Somalia, Sudán e Iemen, por enteder que viola a liberdade relixiosa. O caso chegará moi probablemente ao Tribunal Supremo dos EE.UU.

"Para Amnistía Internacional é importante destacar que aínda que os tribunais están a conseguir frear as políticas discriminatorias de Trump, só o Congreso de Estados Unidos pode facelo de maneira definitiva, e só hai unha maneira: lexislar", sinalou Antía Pérez, portavoz de Amnistía Internacional.

Temas: REFUXIADOS
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta