A Deputación de Lugo pecha o programa 'Ben Empregado 3' con case 200 postos de traballo

Campos ve o emprego "uno dos problemas importantes da provincia con 20.500 traballadores no paro" e avoga por "botar unha man"

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 26/05/2017 | Actualizada ás 13:24 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

O presidente da Deputación de Lugo, Darío Campos, xunto cos deputados Álvaro Santos e Sonsoles López Izquierdo e o alcalde de Monforte, José Tome, recibiron este venres ás portas do Pazo provincial de San Marcos aos 193 lucenses que se acolleron ao plan de emprego 'Ben Empregado 3'.

A Deputación de Lugo recibe aos participantes no Ben Empregado 3.
A Deputación de Lugo recibe aos participantes no Ben Empregado 3. | Fonte: Europa Press

Campos puxo en valor que "son 193 postos de traballo os que se pon hoxe (venres) en marcha". "A Deputación non ten competencias en materia de traballo, pero si que nos parece que é un dos problemas importantes da provincia con 20.500 traballadores no paro e todas as institucións debemos botar unha man", destacou.

Sobre os plans de emprego impulsados pola Deputación de Lugo resaltou que "están a dar resultados". "E así co primeiro Ben Empregado hai un 33 por cento de reinsercción laboral, é dicir que seguen traballando despois de concluída a subvención", valorou.

"Ten un éxito moi importante. Non hai moitos plans de traballo que teñan esa reinsercción, eu creo que ningún. Debemos seguir nesta liña e a nosa idea é seguir potenciando non só este plan de emprego senón tamén nos concellos co Depuemprego que significará que consigan traballo outras 300 persoas", reivindicou.

Así mesmo, Campos avanzou que se convocará o cuarto programa de 'Ben Empregado' e volveu a insistir en que é preciso "botar unha man e que a provincia teña o máximo traballo". "Trátase de facer provincia, que é do que se trata desde esta Deputación", apostilou.

MÁIS INVESTIMENTO

Tamén o presidente provincial puntualizou a "diferenza" coa Xunta á hora de impulsar políticas activas de emprego, ao mesmo tempo que comentou que "saía estes días un estudo de deportes" e a de Lugo era a "Deputación que máis investía en deportes".

"E somos a administración que máis inviste na provincia de Lugo (en emprego) porque nos parece que é un dos problemas que hai na provincia e imos seguir nesta liña se non hai novidade", concluíu.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta