“Buscamos una imagen fresca, que incluye chicas y chicos frescos y extrovertidos”

A empresa Elivo, impulsora da selección de azafatas “con bikini y pareo”, defende a selección deste persoal para presentar 'FreXco, o blanco de verano' na Semana Verde de Silleda.

Por Galicia Confidencial | Santiago | 04/06/2010 | Actualizada ás 12:56

Comparte esta noticia

Deste xeito, esta compañía sae ao paso da información publicada por GC e aclara que a oferta “é privada” e “non está relacionada con ningunha institución pública”, senón que provén das empresas Elivo e Climadaptación.

None

Neste sentido, destaca que puxeron o anuncio en infojobs buscando mulleres porque xa tiñan “cubertos” os postos para homes. Sobre a selección de mozas “extrovertidas, con boa presencia para presentar o producto vestidas con bikini y pareo” explican que se debe ao tipo de bebida que se presentará, “un blanco de verano”.

“Imagen fresca”

“FREXCO es una bebida refrescante con cuatro grados destinada a su consumo en verano asociada a terrazas de bares, chiringuitos de playa y para acompañar aperitivos en días calurosos. Por este motivo se asocia el producto con una imagen fresca, que incluye chicas y chicos frescos y extrovertidos”, sinala Elivo nun comunicado remitido a GC.

Tamén salienta que a relación coa empresa Climadaptación débese a que o 10% das vendas de 'Frexco' destinaranse á plantación de árbores para a captura de CO2. “Por este motivo, Climadaptación aporta una persona al stand de FREXCO en la Semana Verde de Galicia”, conclúe.
 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 12 comentarios

6 xiabre

o de "rapaces frescos" non aparecía no anuncio de emprego...que se deixen de coñas

5 Julia

Que pasa que agora unha empresa non pode poñer a mozos e mozas en bañadores e bikinis?? teñen que ser todas as promocións no S.XXI cos e coas promotores tapados ata o cuello? Penso que dentro dun contexto non hai nada de malo, non hai porque ir mais ala, parece que estamos retrocedendo no tempo....que lástima

1 lo mas mas

Non a idea é fantástica "chicas bikini" e a vender porco celta

2 Julia

chicas bikini, e chicos bañador, e que vendan o que queiran

3 menos menos

Ummm... un porco celta en bikini e pareo, what a sexy image!

4 sangrar

pero non pedía mozos e mozas en bañador e biquini, o anuncio dicía outra cousa...

4 OldGreen

Veña! máis cachas no GC ! isto xa se vai parecendo máis a Interviú ou a MundoQuente

3 Algalia

Está moi ben iso de Conselleiro de Industrias Exteriores, debes patentalo.

2 Silleda Fashiom

e logo se poñen ao Sr Guerra, conselleiro de industrias exteriores con pareo, xa demostrou o seu look feminino no dia da muller. Sería un atractivo para Silleda e para relanzar a Ternura Gallega

1 Opus nigrum

Eu poría a Pilar Farjas, conselleira de sanidade, cunha mini de coiro, privatizando a Semana Verde, que digo a Semana Verde, privatizando Silleda