10% de folguistas para a Xunta, 60% para UXT e Comisións

Primeiros e dispares datos de seguimento na folga de traballadores públicos en Galicia. Non houbo incidentes, pero os sindicatos cualifican de abusivos os servizos mínimos en varias administracións.

Por Galicia Confidencial | Vigo | 08/06/2010 | Actualizada ás 13:44

Comparte esta noticia


"O seguimento da folga de empregados públicos na Administración xeral da Xunta de Galicia e os seus organismos dependentes acadaba un 10,54 por cento ás 10.00 horas de hoxe, mentres que na Administración de Xustiza esa porcentaxe se eleva ao 22,8 por cento, nos centros educativos chegou ao 7,9 por cento e nos centros sanitarios foi do 7,1 por cento", asegura un comunicado da Xunta.

None

Versión distinta das as centrais sindicais. Para Comisións e UXT o seguimento global superar o 60%, porcentaxe que a CIG eleva a "entre o 80 e o 100 por cento" nos municipios das sete cidades.

O sindicato nacionalista xa protestou polos servizos mínimos en Sanidade, que considera abusivos. No Sergas a Xunta estima un seguimento do 7,1%.

Para valorar a diferencia entre as cifras da Xunta e dos sindicatos, hai que considerar que os datos dos traballadores inclúen tamén a administración periférica do Estado en Galicia.

Polo de agora non houbo incidentes importantes. Iso si, os empregados do Poro da Coruña cortaron o acceso durante varias horas esta mañá.

"Non existe xustificación para que o Goberno español rompa unilateralmente os acordos asinados cos sindicatos en setembro de 2009, pacto que xa supuxo o esforzo e achega das e dos empregados públicos á solución da crise, vulnerando o dereito constitucional á negociación colectiva", argumenta Comisións Obreiras.

O sinidicato advirte que "as medidas levarán a unha deterioración dos servizos públicos e abre a porta a un aumento na externalización e na privatización de servizos que agora serven a un ben común e que despois servirán a intereses económicos".

A Confederación General del Trabajo (CGT), a Confederación Intersindical, Confederación Unión Sindical Obrera (USO), Unión Xeral de Traballadores (UXT-Galicia), Comisións Obreiras de Galicia (CCOO-Galicia), Central Sindical Independente e de Funcionarios de Galicia (CSI-F Galicia) e Confederación Intersindical Galega (CIG) son os convocantes da folga.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 9 comentarios

4 Delia Vázquez

O fracaso da folga en Galicia so foi no Ensino. A CIG Ensino está máis preocupada en defender o Consorcio de Benestar, que en atender os problemas do Ensino. A CIG Ensino ten máis liberados/as que nunca e menos presencia nos centros que nunca. Vai facer un ánalise a CIG Ensino de por que as afiliadas e afiliados non secundamos a folga? Diante do fracaso pensa dimitir Anxo Louzao?

1 Correa

Ou Duarte, que tiña á señora pasando de celadora a directora provincial de industria. Non son ninguén os da Ú apañando postiños

3 Kali

1. xa validado o decreto lei a folga para pouco serve; había que facela no tempo que vai dende que se promulgou o decreto ata a súa validación 2. esta folga debía ser xeral e non sectorial, cun sector que, neste momento, non conta co apoio da sociedade. Bastante se promove a división entre os traballadores das adminstracións en xeal e non funcionarios: todos somos traballadores, independementemente que que nos pague. 3.- a pesar de que estou sindicado (CIG), paréceme incrible a división sindical: en Coruña tívose todo o día de manifestación, catro gatos cada media hora. Hoxe romperon relacións CSIF e CCOO/UXT. Os sindicatos están moi acomodados,enchéronse de graxa, engordaro a base de quentar sillóns e non son capaces de chegar aos traballadores. Neste momento priman máis os intereses políticos de algúns sindicalistas liberados (non dos afiliados) que os intereses dos traballadores dos que pasan.

2 María de la Consolación

Casi prefiero que venga Chiquilicuatre, porque si las opciones son esos dos incompetentes manipuladores, vamos jodi***

1 anonimo

La huelga fue un perfecto fracaso, cosa que lamento, porque de haber sido un éxito, nos habríamos ahorrado todos mucho dinero.

2 Anonimato

oye, pues si quieres ahorro quitamos a los enchufados/asesores (pregunta por Feijoo o por Guerra, que tiene a Javierito Dorado enchufado al teto público con 21 añitos, criatura) o a los EX-altos cargos que cobran un buen complemento, o a los enchufados de Baltar que ni siquiera aparecen por el trabajo. Ah, que no interesa ese tema, que los tuyos pueden hacerlo, vale.

1 María Rosario

En mi despacho acudimos todos a trabajar. Los sindicatos no nos representan, no están haciendo nada para que se marche ZParo, que es en realidad lo que necesita España, un nuevo presidente como FEijóo, o en su defecto Mariano

1 Una

María Rosario , hai que ter un pouquiño de dignidade , debian de baixarche un 20%, por JILIPOLLAS.

2 Outro funcionario coma ti

Subscribo o que di "Por Una" a esta xente que non foi á folga, propoño que lle quiten un 20% xa que están de acordo co goberno...