Alvarellos Editora inicia a nova colección de libros infantís 'Verdemar'

Alvarellos Editora celebrou o seu 40 aniversario coa publicación dos dous primeiros títulos de 'Verdemar', a súa nova colección de libros infantís.

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 13/06/2017 | Actualizada ás 18:44 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

Alvarellos Editora celebrou o seu 40 aniversario coa publicación dos dous primeiros títulos de 'Verdemar', a súa nova colección de libros infantís.

En concreto, xa están nas librarías o álbum ilustrado 'Queres ler un libro comigo?', escrito polo autor norteamericano Lawrence Schimel e debuxado polo artista de Sao Paulo Thiago Lopes.

Trátase dun conto para primeiras lecturas que convida a compartir e reflexiona sobre a diversidade. Publicada ata agora en Colombia, Brasil e Singapura, aínda que non en España, foi traducida ao galego por Quique Alvarellos.

Noutro dos títulos xa editados é 'Contos do Sol e da Lúa', de Helena Villar Janeiro, ilustrado por Ana Costas, que contén sete historias solidarias para ler a soas ou coa familia e que reivindican un mundo no que é posible a poesía, a diversidade, a superación e a maxia.

Nos próximos meses irán aparecendo nas librarías outros títulos da colección Verdemar, entre eles un conto de Quique Alvarellos baseado na historia do bosque do Banquete de Conxo.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta