Un acto homenaxeará o bicentenario de Antonio Fernández Morales, referente do galego no Bierzo, o 17 de xuño

Cacabelos acollerá lecturas de poemas e unha exposición con motivo dos 200 anos do autor berciano, organizados polo Grupo As Médulas

Santiago de Compostela | 17/06/2017 | Actualizada ás 08:33 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

O autor berciano Antonio Fernández Morales será homenaxeado con motivo do bicentenario do seu nacemento (1817-1896) este 17 de xuño nun acto organizado polo Gupo As Médulas para a Lingua e Cultura Galegas do Bierzo, que terá lugar no municipio de Cacabelos (León).

Este acto, que contará coa colaboración da Xunta, terá presentación a cargo de Manuel González Prieto, membro do Grupo As Medulas, con lecturas o lado da casa do autor, ademais dun discurso a cargo do escritor Xosé Luís Méndez Ferrín.

Entre outras actividades, inaugurarase a exposición 'Fernández Morales hoxe: Creación e Recreacións', no que o grupo As Medulas convidou a diversos creadores a realizar pezas artísticas como a Siro López (caricatura), Xurxo Lobato (fotografía) e Mercedes Queixas Zas (haiku), entre outros.

Militar liberal e progresista, Fernández Morales estivo destinado en Tui (Pontevedra) entre 1841 e 1845. Foi deputado en Vilafranca, onde coñece en 1847 ao filólogo catalán Mariano Cubí, quen lle recomenda empregar a lingua galega nos seus escritos.

En 1861 ve a luz 'Ensaios poéticos en dialecto berciano' --dous anos antes do 'Cantares Galegos' de Rosalía de Castro--, onde achegou á historia da literatura galega o carácter da comarca do Bierzo, administrativamente leonesa, pero estreitamente vinculada a Galicia, coa que comparte historia, lingua e tradición.

O Grupo As Medulas reivindica a Antonio Fernández Morales como un autor que "non foi investigado o suficiente", a pesar de ser un dos referentes da literatura galega no Bierzo xunto a Frei Martiño Sarmiento, e reclama para el que se lle dedique os Días das Letras Galegas.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta