Un informe da UE cuestiona a independencia dos medios de información en España

O Centro polo Pluralismo e a Liberdade dos Medios de Comunicación denuncia que as reformas legais do Goberno do PP "ameazan a liberdade de expresión e o traballo dos xornalistas". Tamén cuestiona a independencia política dos medios públicos e privados e alerta de que a precariedade dos xornalistas e a discriminación das mulleres no sector tamén son factores decisivos na perda de pluralidade e liberdade informativa.

Por Alberto Quian | Santiago de Compostela | 21/06/2017 | Actualizada ás 14:00

Comparte esta noticia

O pluralismo e a independencia dos medios de información no Estado español son cuestionados nun informe do Centre for Media Pluralism and Media Freedom (Centro polo Pluralismo e a Liberdade dos Medios de Comunicación), organismo cofinanciado pola Unión Europea. En concreto, o Media Pluralism Monitor (Monitor para o pluralismo dos medios) indica que en España existe un "risco medio" para a liberdade dos medios de comunicación no Estado español, xa que "existen elementos obxectivos para considerar que existe o risco de que certas decisións políticas, así como as presións políticas, poidan afectar a independencia e a pluralidade dos medios de comunicación" en España.

O presidente do Banco Pastor,  Ángel Ron Güimil; o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, e o propietario do Grupo Voz, Santiago Rey
O presidente do Banco Pastor, Ángel Ron Güimil; o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, e o propietario do Grupo Voz, Santiago Rey | Fonte: Xunta

No seu informe, titulado 'Media Pluralism Monitor 2016 Monitoring Risks for Media Pluralism in the EU and Beyond Country. Report: Spain', o Media Pluralism Monitor identificou tres desafíos principais en relación co pluralismo dos medios de comunicación no Estado español. O primeiro desafío é o que representan "as reformas legais recentes realizadas polo actual Goberno español (reforma do Código penal e a Lei Orgánica 4/2015)", que "ameazan a liberdade de expresión e o traballo dos xornalistas". Reformas que, como ben se lembra, "foron denunciadas por asociacións estatais e internacionais". Os autores do informe recomendan "a reforma dalgunhas destas prescricións legais para establecer un marco legal máis respectuoso coa liberdade de expresión". 

En segundo lugar, salientan que "a independencia política dos medios de comunicación, públicos e privados, é fortemente cuestionada en España". O documento apunta á existencia de "informes frecuentes sobre a manipulación progubernamental dos medios de comunicación públicos", tanto no eido estatal como no autonómico. Ademais, subliña que "as reformas legais levadas a cabo en 2012 facilitaron o nomeamento político dos presidentes dos medios públicos e dos editores xefes". Por isto, os autores do informe piden "recuperar os requisitos establecidos pola lei anterior para a elección dos membros dos órganos reitores dos medios estatais", o cal, din, "permitiría unha maior independencia".

No que se refire aos medios de comunicación privados, consideran que "tamén se necesita maior independencia política e autonomía". Neste sentido, din que "se necesitan reformas legais para fortalecer os consellos de prensa e potenciar o actual regulador de medios de comunicación existente no país, a CNMC [Comisión Nacional de los Mercados y la Competencia]". O informe salienta que a alta concentración dos medios privados en poucas mans é un factor de risco para a pluralidade informativa e lamenta que "non existe unha lexislación específica" que regule estas manobras para concentrar todo o poder mediático en poucas mans.

"Os órganos reguladores dos medios de comunicación e os consellos de prensa -que son voluntarios e autocontrolados- non contan con mecanismos útiles para garantir a independencia editorial nin o respecto das normas éticas", engade o Centre for Media Pluralism and Media Freedom.

'Feijóo alimenta a máquina de Santiago Rey'. Gonzalo Vilas fixo esta ilustración para a reportaxe do Novas da Galiza e o GC sobre as axudas aos medios.
'Feijóo alimenta a máquina de Santiago Rey'. Gonzalo Vilas fixo esta ilustración para a reportaxe do Novas da Galiza e o GC sobre as axudas aos medios.

PRECARIEDADE E DISCRIMINACIÓN DA MULLER

Por último, o documento agrupa outra serie de desafíos relacionados coa crise económica na que se atopa o sector dos medios de comunicación español. Neste contexto, o informe subliña que "as condicións dos xornalistas en España empeoraron nos últimos anos", gremio no que "o desemprego, a inseguridade laboral e os baixos salarios son considerados os principais problemas da profesión". Todos estes factores "son ameazas serias para a liberdade de expresión e independencia dos xornalistas".

O informe tamén destaca que "o acceso aos medios de comunicación das mulleres tamén está en risco" e avisa da existencia de "diferenzas salariais entre homes e mulleres, polas cales as mulleres reciben salarios máis baixos por un traballo similar" nos medios. Tamén constátase que "as mulleres están subrepresentadas nos consellos de administración" dos medios, tanto públicos como privados.

E aínda que se recoñece que "houbo un avance importante na cuestión da igualdade en España" e que "o marco xurídico prevé a igualdade de dereitos e a non discriminación por razón de sexo", o estudo advirte de que "o marco xurídico existente sobre a igualdade de xénero aínda non se aplicou plenamente". "A aplicación real dos plans de igualdade de xénero no sector dos medios de comunicación debería ser unha prioridade para as asociacións profesionais, así como para as propias autoridades políticas", conclúe o informe.

Feijóo nunha gala de entrega dos premios Gallegos del Año, organizada polo Grupo Editorial Compostela, matriz de El Correo Gallego
Feijóo nunha gala de entrega dos premios Gallegos del Año, organizada polo Grupo Editorial Compostela, matriz de El Correo Gallego
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 6 comentarios

4 anonimo

Por qué non se cumple e se aplica en Galicia a lei aprobada polo parlamento galego en 2011, que obriga a que o director xeral da CRTVG teña que ser elexido polos dous tercios da Cámara? Qué fai a oposición PSde G e BNG para facer cumprir esta lei ? Vai facer algo ao respecto o novo PSOE ou imos seguir cunha televisión pública ao servicio exclusivo do PP que se apropiu indebidamente dela?

3 ditaduras_de_4_anos

Fan programas de opinión donde se critica o independentismo catalán, sen deixalos defenderse, manteñen TODOS unha liña editorial coincidente co goberno nese eido. Enterámonos do que pasa en Galiza e Espanha por medios estranxeiros (por lembrar casos, o dos incendios do 2006 en Ribeira, cando foron perseguidos polo monte adiante dous individuos en moto con traxe de camuflaxe, ou o máis recente do familiar de Rajoy que atentou contra el en Pontevedra)...son analfabetos funcionais ( mal lles vai diferenciando folicular de funicular, ou kilos de toneladas). En resumo, España da un verdadeiro e ridículo espectáculo de censura "democrática".

2 Sesees

Non ahí mais que ver atresmedia e mediapro

1 Santiago Rivas

Galicia Confidencial dejáis mucho que desear y se os ve mucho el plumero en vuestras campañas diarias para desprestigiar a los medios gallegos. Medios de comunicación que llevan más de cien años de historia viva. Haciendo una labor informativa (con sus fallos y sus aciertos) pero una labor de vital importancia al fin y al cabo. Y criticáis (entre otras) campañas de publicidad institucional que reciben estos medios, aún cuando generan y mantienen cientos de empleos, al contrario que vosotros que RECIBÍS TAMBIÉN campañas de la Diputación de la Coruña o el Concello de Santiago para emitir contra propaganda en un "blog" con apenas nóminas y personal cualificado en plantilla. Para criticar y echar piedras sobre el resto, os vendría bien miraros a vosotros mismos y tener un mínimo de decencia.

1 Anonymous

O teu comentario cheira a medo, medo dos que vos seguides agarrando a un vello modelo esgotado, en fase terminal; medo dos que xa só podedes vivir das axudas do político amigo porque sen elas xa non existiríades; medo dos que se senten ameazados por novas xeracións de xornalistas autónomos, independentes, libres, mellor formados e capacitados para levar eles mesmos os seus propios medios, autoxestionados e 100% libres, sen estar baixo o mando de xente allea que nin sabe de xornalismo nin lle interesa máis que coma puro negocio; medo dos que calades aos que berran; o medo dos covardes aos valentes; medo dos que vivides atemorizados pola ameaza do empresario que vos recurta salarios e dereitos laborais e vos pon na rúa cando lle peta; o teu comentario só desprende medo, moito medo.

2 Iagiño Rivers

O informe é dun organismo vencellado á Unión Europea. Quen fai a crítica son eles. Ter mais de cen anos , seica é un valor positivo por si mesmo? A mafia siciliana existe dende 1865. "Campañas de publicidad institucional ... generan y mantienen cientos de empleos...". Daquela recibir MILLONS en subvencións (tal e como acontece co Grupo Voz) é unha cousa moi boa, entanto sexan cartos para os meus amigos. Isto non son mamandurrias. Segundo a OJD , empresa que se encarga do control da difusión de medios no estado españistaní, no 2016 a tirada media foi de 77728, e a difusión media da Voz foi de 68683. http://www.introl.es/buscador/ Falamos dun xornal que hai anos fachendeaba moito de ter 300.000 lectores diarios. Como di Anonymous, cada vez interesan a menos xente. É un xornal provinciano, casposo e de calidade infima.E se un día fosen a pique, cousa que non creo que pase, sentiríao unicamente pola xente que perda o seu traballo.