O metal da provincia da Coruña irá á folga este xoves en demanda dun convenio

As empresas do metal da provincia da Coruña irá á folga este xoves "en defensa dun convenio digno e con dereitos", segundo informan nun comunicado. Ao paro, están convocados 18.000 traballadores e traballadoras.

A CORUÑA | 21/06/2017 | Actualizada ás 19:12 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

As empresas do metal da provincia da Coruña irá á folga este xoves "en defensa dun convenio digno e con dereitos", segundo informan nun comunicado. Ao paro, están convocados 18.000 traballadores e traballadoras.

Trátase, segundo as centrais convocantes, CIG, CC.OO e UXT, dunha xornada "histórica" xa que hai 25 anos que non se convocaba unha folga xeral nos centros de traballo con este convenio.

Para a xornada de folga, que comezará ás 22,00 horas deste mércores e terminará na media noite do xoves, está previsto o despregamento de piquetes informativos no tres principais polígonos da comarca coruñesa, en concreto en Sabón, Pocomaco e A Grela.

Ademais, "para dar máis visibilidade ao conflito", indican os sindicatos ás 12,00 horas deste xoves, os traballadores en folga secundarán unha concentración na sede da patronal coruñesa, na praza de Luís Seoane.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta